AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

XORNADAS TECNICAS

16 / Febrero / 2009

AFRICOR-LUGO, asociación provincial de gandeiros, dentro das súas actividades de formación e divulgación, organiza, co patrocinio de AFRIGA, unha “Xornada Técnica de Vacún de Leite”, orientada a gandeiros en Control leiteiro, co fin de achegar as novidades en temas relacionados co sector que se están a producir en España e no resto do mundo.

 Programa de actividades: xornadas tecnicas

 Celebrado o día 13 de febreiro de 2009, venres, na Facultade de Veterinaria de Lugo

xornadas de producción de leite 

Inauguración

A inauguración das Xornadas estivo a carto de D. Emilio López (Delegado provincial de Medio Rural), acompañado de D. Xosé Manuel López (Presidente de Africor) e D. Juan Francisco  Novo (Presidente de Afriga)

inaguración

O SECTOR LÁCTEO: DINAMICA E PERSPECTIVAS ANTE OS ACORDOS DO " EXAME DA SAÚDE" DA PAC    

BERNARDO VALDES
Bernardo Valdes
Técnico de Medio Rural
Espuxo as novidades da última reforma da PAC, onde cabe destacar:
  • 2014/2015 última campaña con cuota
  • A partir da 2009/2010 un incremento dun 1% anual
  • En 2010 e 2012 a Comisión presentará un relatorio sobre a supresión das cuotas
  • Reducción dos mecanismos de intervención dos estados

Frente a todo isto ábrense novas liñas de axuda con diñeiro procedente da UE, que segundo a Consellería de Medio Rural debe ser usado principalmente para axudar o sector lácteo a adaptarse a esta nova situación, aínda que esto todavía esta en estudo e pendente da evolución que teña a PAC.

NOVAS TECNOLOXÍAS REPRODUTIVAS APLICADAS Á TRANSFERENCIA EMBRIONARIA

DANIEL MARTINEZ
Daniel Martínez
Director Técnico UTE Bos
Nesta charla Daniel explicou as posibiliades e limitación que teñen na súa aplicación práctica no campo as  Biotecnoloxías de 3ª xeración:
  • Sexaxe embrionario
  • División embrionaria
  • Fecundación in vitro 

Destacou a gran potencialidade que teñen estas novidosas técnicas de reprodución así como os inconvintes que todavía presentan, se ben, non cabe dúbida de que estas técnicas logo estarán perfeccionadas e poderán ser utilizadas en moitas das nosas explotacións.

 COMPRENDER A LINGUAXE CORPORAL DA VACA

JOEP DRIESSEN
Joep Driessen
Vetvice - Cow Signals
Este prestixioso veterinario holandes, explicou o público alí asistente a necesidade de observar os animais, nun mundo no que todo se fai a prisa, un gandeiro debe ser capaz de observar os seus animais e interpretar os signos externos que estos mostran, así partindo do estudo destos sintomas debemos chegar a detectar que está a perxudicar as nosas vacas. 
 
Un gandeiro sempre debe buscar o benestar da vaca, xa que esto provoca:
  • Maior produción
  • Máis partos
  • Menos enfermidades
BIOTECNOLOXÍAS REPRODUTIVAS: DO LABORATORIO Á GRANXA
HECTOR AREAN 
Héctor Areán
Veterinario Xenética Fontao
Héctor explicou os criterios de calidade esixidos no seme conxelado, así como os métodos de evaluación desta calidade (citometría de fluxo e análise asistido por ordenador) e a interpretación deste análises.
 
O seme sexado é un tema de gran actualidade, a quen non lle gustaría que na súa explotación os partos se contasen por femias, Héctor explicou os procedementos necesarios para sexar o seme, e como estos poden afectar a fertilidade do seme reducindo esta nun 15% o mesmo tempo que tampouco existe o 100% de probabilidade de que a descendencia sexa femia.

 

NOVIDADES NAS TECNOLOXÍAS DE MUXIDO

Representantes de Boumatic, Delaval e Lely expuxeron os produtos máis novidosos das súas  empresas para a produción de leite.

LELY
Hervé L'Azou
Director Lely Sur (Francia)
BOUMATIC
Jean-René Thibaut
Área Sales Manager Boumatic (Francia)
DELAVAL
Carlos Fariñas
Marketing VMS de Delaval

 
Maquina expendedora de leite. FIORDILATTE.
 
fiordilatte
Fausto Cavalli
Director de Bevilatte (Italia)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Presentaron unha novidosa máquina que expende leite crú na cantidade indicada (un vaso, un litro ect), estas máquinas estan a funcionar con éxito en varios países europeos (Holanda, Alemania, Italia ect) e en España xa hai algunha funcionando no Pais Vasco.
 
 
Trátase dun xeito de venda pensado para o produtor, que se encarga de suministrar o leite a máquina todos os días, esto permite eliminar os intermediarios e unha relación directa co consumidor.
 
 
 
                                            Luigi Arriaga
                   Responsable de comercio exterior de Fiordilatte
 
 maquina expendedora de leite
 
 
 xornadas tecnicas
 
 
xornadas tecnicas
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético