07 / Marzo / 2019
Esta xornada técnica dirixida a gandeiros e técnicos que traballan na produción de leite comezou coa intervención de Manuel Cerviño de Boehringer, unha forma máis saudable de abordar o secado, Ubroseal a ferramenta para o periodo seco, o relator explicou como pode afectar a esta práctica a necesidade de reducir os antibióticos usados nas explotacións así como a utilidade e funcionalidade dos selladores, que por si solos ou combinados cun antibiótico no caso existir infección van impedir que entren bacterias no ubre durante o período de secado.
Logo chegou o turno de Juan Cainzos de Elanco, Falemos de eficiencia, a que definiu como os quilos de leite producidos por quilo de materia seca, sempre traballando coa produción de leite correxida en función da graxa.
Este valor de eficiencia non e máis que o rendemento do animal, pois relaciona o alimento que consume co leite que produce e vai estar directamente influenciado pola saúde do animal, pois calquera resposta inmunitaria do mesmo require un importante gasto enerxético, restando esa enerxía a produción de leite e reducindo así a eficiencia do animal.
Esta mobilización do sistema inmunitario non sempre está relacionado cunha patoloxía clínica, a veces non chegan a observarse os síntomas, o exemplo máis claro e o da cetose subclínica, que aínda que non presenta síntomas si vai repercutir sobre a produción do animal.Juan destacou como principais factores redutores desta eficiencia a cetose, retención de placenta e metrite.
Luís Miguel Jiménez de Servet Talavera tratou sobre O benestar no período seco reincidindo sobre a necesidade de utilizar un selado que limite a entrada de bacterias na ubre, independente do uso ou non do antibiótico pero ademais explicou aos asistentes como realizar un correcto secado incidindo na necesidade de ter un protocolo de traballo que nos garanta unas condicións hixiénicas extremas no momento de realizar o último muxido e aplicar os tratamentos de secado, xa que esa vaca vai tardar dous meses en volver muxirse e se durante este último secado o coa a aplicación dos tratamentos introducimos algunha contaminación na ubre esta vai provocar unha infección moito maior que no caso de que a vaca se volvese muxir as poucas horas.
Tamén insistiu na necesidade de contar cunhas instalacións adecuadas, cunhas boas condición de limpeza que nos permitan unha correcta observación dos animais.
Alfonso tamén realizou un pequeno repaso do proceso de recría das xovencas, insistindo na necesidade de tomar datos para poder avaliar cada unas das fases e corrixir aqueles nas que non se acaden os obxectivos, buscando sempre obter un animal que logo do primeiro parto teña un peso vivo do 85% do peso vivo dos animais adultos da explotación, xa que segundo diversos estudos este sería o valor máis óptimo para maximizar a produción de leite.
Xa pola tarde chegou a quenda de Ruben Mosquera para explicar a receita electrónica, logo de explicar aos asistentes como está foi imposta pola normativa reguladora do uso dos antibióticos, obrigando aos veterinarios a rexistrar nunha plataforma informática os que receitan e os que administran a animais de consumo humano.
Así dende a Cooperativa Aira desenvolveron unha ferramenta informática de receitas electrónicas, que se ben e parecida a outras xa existentes buscaron facilitar o traballo dos veterinarios e sobre todo dos gandeiros, permitindo así que este rexistro informático sirva tanto para enviar os datos requiridos ao ministerio referentes ao uso dos antibióticos, para mercar os tratamentos na comercial e para cumprir coa obriga de gardar as receitas durante cinco anos que teñen os gandeiros, e todo de forma automática a partir da creación da receita polo veterinario.
Este sistema funciona a través dunha páxina web e nos dous meses que leva de funcionamento xa xeraron con el máis de 3.000 receitas.
A continuación Javier López de Xenética Fontao que presentou unha ponencia titulada Que ha detrás da xenómica mediante a cal explicou aos asistentes o proceso que vai dende que temos unha mostra, ben sexa de sangue, pelo, ou cartilado que son as máis utilizadas para as probas xenómicas ata a obtención duns valores xenéticos do animal. Para isto explicou aos asistentes a composición do adn indicando que a pesar da enorme lonxitude dunha cadea estimase que so o 5% da mesma vai ter unha incidencia sobre os parámetros que estamos a avaliar dos animais, e así distintas empresas desenrolaron chips ou microarrays que nos permiten avaliar parte destas posicións determinantes e correlacionalas coa información fenotípica existente ( cualificacións, producións e toda a información recollida dos animais) que constitúen a base para establecer as formulas que nos permitan predicir os valores xenéticos dun animal dispoñendo so da información do seu adn, antes de que comece a súa vida produtiva.
E dado que o tempo e ouro Javier comentou que xa están a traballar na obtención de mostras de adn de embrións para intentar coñecer o seu valor xenético incluso antes do nacemento do animal.
Para rematar a xornada contamos con Laura Molina da COVAP que realizou unha interesante exposición, Descornado ou desmochado sen dor: un punto clave no benestar das xatas, , un traballo que case todos os gandeiros realizan e que sen dúbida constitúe un dos maiores estrés aos que son sometidos durante a súa vida.
Laura insistiu na necesidade de realizar esta práctica antes dos 60 días de vida e sempre previa aplicación dunha anestesia local e un analxésico que diminúan a sufrimento do animal así como a posibilidade de futuras infeccións.