AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

XIII CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA

28 / Marzo / 2011

O 13 Concurso Nacional de Primavera CONAFE 2011 tivo lugar o pasado 26 de abril en Torrelavega no Mercado Nacional de Ganados "Jesús Collado Soto"

O xuíz encargado do xulgamento foi D. Javier Álvarez Lastra, xuíz Nacional de Conafe, e o público de Torrelavega volveu manifestar o seu apoio a este sector cunha moi boa asistencia, ademáis tamén temos que destacar a presenza de varios gandeiros lucenses que non quixeron perder esta ocasión de ver na pista os mellores animais da raza a nivel nacional.
 
CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA
 
A representación galega estivo a cargo de 4 animais da provincia de Lugo, destando sobre todo a actuación da gandería Callobro de Trabada que asistiu ao concurso cunha vaca de segundo parto, CALLOBRO VERTIGO PLASTILINA e a súa filla CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA  resultando segunda e terceira de sección respectivamente, ademáis de ser as dúas fillas de touros de Xenética Fontao, a nai de Plastilina tamén é unha filla de Chamoso, mostrando así o potencial da xenética galega para os concursos.
 
CALLOBRO VERTIGO PLASTILINA
CALLOBRO VERTIGO PLASTILINA
 
Plastilina quedou segunda na sección 13 de vacas intermedias por detrás de Llera Ariel Goldwyn que logo acadou o título de Gran Campiona Nacional de Vacas.
 
VACA INTERMEDIA
Sección 13: Vaca intermedia lactacion de 42 a 47 meses
 
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA
 
Esta estupenda xovenca acadou un meritorio terceiro posto na sección 5, xovencas de 20 a 22 meses quedando por detrás das que logo serían xovenca campiona e subcampiona nacional.
 
XOVENCAS DE 20 A 22 MESES
Sección 5: Xovencas de 20 a 22 meses
 
 
O cuarto posto na sección 12, Vaca intermedia lactación de 36 a 41 meses foi para NODI AFFIRMED LOLA na que era a súa primeira aparición como vaca en lactación.
 
NODI AFFIRMED LOLA
NODI AFFIRMED LOLA
 
VACAS INTERMEDIAS
Sección 12: Vaca intermedia lactación de 36 a 41 meses
 
A representación galega completouse cunha primeiriza de Sat Sandamil, SANDAMIL MS MEGAMAGIC, unha filla de Megamagic (outro touro de Xenética Fontao) que recén parida de primeiro parto participou na sección 10, vaca nova en lactación de menos de 30 meses.
 
SANDAMIL MS MEGAMAGIC
SANDAMIL MS MEGAMAGIC
 
 
LLERA ADEEN GOTELIN
GRAN CAMPIONA DE XOVENCAS - LLERA ADEEN GOTELIN
 
 
LLERA ARIEL GOLDWYN ET
GRAN CAMPIONA DE VACAS - LLERA ARIEL GOLDWYN ET
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético