AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Utilización de seme sexado

28 / Octubre / 2015

A comercialización do seme sexado de raza frisoa non é unha novidade, pois xa pasaron quince anos dende que a empresa Cogent presentou as primeiras doses sexadas en Europa, se ben ata de agora o seu uso non aumentou tan axiña como se podería pensar, na medida en que permite reducir o número de machos frisóns nados na explotación, así como conseguir fillas das mellores familias do rabaño, argumentos que poderian provocar un uso masivo do mesmo.

Coincidindo coa oferta de doses sexadas de Xenética Fontao, analizamos as causas polas que este produto no ten un uso xeralizado así como os datos xa recollidos nas explotacións de Lugo respecto do seu comportamento nas ganderías.

Causas da lenta expansión deste produto

             Prezo máis elevado da dose fronte á convencional

             Menor fertilidade do seme

             Menor número de touros dispoñibles

             Recomendado só para xatas

             Incerteza respecto do seu resultado (fertilidade, porcentaxe de femias)

Dende Africor Lugo traballamos para facilitar información aos gandeiros, que permita axudar na toma de decisión na gandería. Nesta liña e para poder facer un seguimento do seme sexado, estamos a marcar as inseminacións realizadas con seme sexado en todas as ganderías, o que nos permite dispoñer de información de primeira man sobre o comportamento deste seme.

Actualmente temos identificadas 4.067 inseminacións en 384 ganderías, que representa un volume de datos importante para poder sacar conclusións:

             En 624 partos rexistrados o 90 % foron femias.

             A taxa de non retorno a 56 días en 1.902 inseminacións en xatas foi dun 55,6%, fronte a 65,3% para o seme convencional en xatas das mesmas ganderías.

O volumen de mercado destas doses é de tan so un 1,08%

O seu uso é maioritario en xatas (81,6%) e en primeiras inseminacións (70,6%), atopando un uso do 4% en vacas repetidoras (máis de 3 inseminacións), se ben non é o indicado.

Identificadas as causas que limitaron o seu uso masivo e cos primeiros datos dispoñibles, vamos repasar as vantaxes que pode proporcionar a explotación.

             Garantía de ter recría suficiente, para manter o rabaño ou incrementar o mesmo.

             Menos problemas de partos, dado que os nacementos de femias teñen unha maior facilidade de parto.

             Mellora a selección vía materna, no caso ter vacas das que non se desexe recriar por temas sanitarios (por exem. Neospora) ou por ser vacas con pouco potencial xenético, permitindo incrementar o número de femias obtidas do resto do rabaño.

             Incremento dos ingresos por venda de animais cruzados procedentes de vacas das que non se decide recriar e se inseminan con touros de carne.

Con está información e analizando a situación de cada explotación, o gandeiro debe decidir se opta pola utilización do seme sexado e en que medida, xa que aínda que as recomendacións de uso normalmente limitan o mesmo a primeira inseminación de xovencas que tiveron un celo natural, a situación de cada gandería pode requirir outra prácticas de manexo. Así, nas ganderías con altas taxas de preñez en vacas, non hai motivo para non usar o seme sexado nas mellores vacas, ou en ganderías que pretenden realizar unha expansión, sempre que a fertilidade sexa óptima, incrementando de forma importante o número de animais de recría.

A non moito tardar, aumentará a oferta de touros sexados dispoñibles, principalmente de touros con proba xenómica, que xunto a redución do prezo das doses e o incremento da súa fertilidade fai prever un maior uso do seme sexado.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético