04 / Enero / 2016
Orde AAA/2875/2015, de 14 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións aos acordos de carencia dun ano de duración con prestatarios que sean titulares de explotacións de vacún de leite con préstamos concedidos ao amparo dos Reais Decretos 613/2001, de 8 de xuño, para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e 204/1996, de 9 de febreiro, sobre melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias.
Esta orde establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a facilitar que os titulares dos préstamos concedidos para a mellora e modernización das explotacións agrarias, acorden coas entidades financieiras unha carencia dun ano de duración na amortización dos devanditos préstamos.
A concesión das subvencións previstas nesta orde realizarase en réxime de concorrencia competitiva.
Os beneficiarios deben ser prestatarios dos convenios de colaboración asinados cas entidades financieiras para préstamos para a mellora e modernización das explotacións agrarias, en aplicación do disposto nos Reais Decretos 613/2001 e 204/1996, e ter certificada no expediente asociado ao préstamo a acreditación da execución das inversións e o cumprimento dos compromisos.