AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Subvención a proxectos de enerxías renovables

13 / Diciembre / 2011

O Instituto Enerxético de Galicia publicou a Resolución do 1 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións a proxectos de enerxías renovables con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Os solicitantes poderán ser particulares, autónomos, empresas, administracións públicas, entidades sen ánimo de lucro e agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica.

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2012, agás para a liña de axudas de biogás/gasificación, cuxa data límite é o 31 de decembro de 2013.

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais, contados desde o día 14 decembro.

Os proxectos subvencionables agrúpanse nas seguintes categorías:

Solar térmica

Caldeiras de biomasa

Fotovoltaica conectada á rede

Fotovoltaica illada e instalacións mixtas

Gasificación / biogás

RESOLUCIÓN

Enlace TVG - O AGRO

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético