27 / Enero / 2016
A conselleira do Medio Rural, Dona Ángeles Vázquez, recibiu no día de hoxe, mércores, 27 de xaneiro, aos presidentes das Africores, para proceder á sinatura do convenio de colaboración co Cegacol, do que son responsables, dentro do Programa Galego de selección e mellora da raza frisoa, para o período 2016-2019.
O financiamento deste convenio está participado polo MAGRAMA e pola Consellería do Medio Rural e permitirá cofinanciar a actividade que desenvolven as Africores, a través da realización do Control leiteiro oficial.
A financiación das Africores realízase maioritariamente a partir das cotas dos seus socios, xunto coas axudas oficiais, como as recollidas neste convenio cuatrianual que se asinou.