SERVIZOS DE ACONSELLAMENTO E XESTIÓN
18 / Diciembre / 2007
Decreto 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias.
Estos servizos de asesoramento estarán destinados a mellorar o rendemento global da explotación e no caso do aconsellamento ás persoas dedicadas á agricultura incluirán como mínimo os requisitos de xestión obrigatorios, o cumprimento das condicións agrícolas e ambientais obrigatorias e a normativa relativa á seguridade laboral.
Neste decreto defínense dous ámbitos:
A súa actividade vai dende o diagnóstico da situación, á proposta e execución de melloras polo menos nas seguintes materias:
a) Requisitos legais de xestión, relativos a saúde pública, sanidade animal, sanidade vexetal, ambiente e benestar dos animais
b) Boas condicións agrarias e ambientais
c) Normas relativas á seguridade laboral
d) Relacionadas co inicio da actividade
e) Medidads de acción positiva desde a vertente de xénero
Estás entidades desenvolverán a súa actividade nalgún dos seguintes ámbitos:
a) Xestión dos datos produtivos e reprodutivos das explotacións de vacún ovino e cabrún
b) Xestión de agricultura sustentable das explotacións que non se ven afectadas polas disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da PAC
c) Actuacións de xestión técnica, con carácter específico, no ámbito da zootécnica e agronómica para diferentes orientacións produtivas
Neste decreto describense as características que deben ter as entidades que presten servizos en cada un dos dous ámbitos descritos.