AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

SEMANA VERDE 2007 - RESULTADOS VACAS

18 / Julio / 2007

Os premios as tres mellores vacas do concurso, xunto co premio ao Mellor Criador foron para ganderías de Lugo. Deste xeito confirmouse o bo momento polo que pasan as ganderías de criadores da provincia que adoitan a presentar os seus animais a concursos.

vista

Unha impecable Pozo Lee 4760, de gandería de Pozo impúxose con claridade sobre o resto dos animais do Rexional, pola súa amplitude de costela, a calidade de oso das súas patas posteriores e un moi bo ubre posterior. Na súa sección, vacas adultas de cinco anos, quedou por diante da vaca Gran Campiona do concurso Nacional de Primavera, celebrado en Torrelavega, Llinde Leader Bruna.

pozo lee 4760   POZO LEE 4760

A nivel Internacional, foi elixida Vaca Adulta Subcampiona, e Campiona Reserva, ou o que é o mesmo, segunda mellor vaca do concurso, por detrás de Obispo Leader Lulu.

O Mellor Criador Rexional e Internacional, foi o lote presentado pola gandería Nodi, de Barreiros, con tres femias moi homoxéneas: Iron Scarlet, Integrity Liana e Dante Gisela. Este é un galardón máis que recibe esta gandería, que foi elixida por segundo ano consecutivo como a Mellor Gandería da provincia de Lugo.

mellor criador nodi
mellor criador nodi
                 GANDERÍA NODI: MELLOR CRIADOR REXIONAL E INTERNACIONAL

Cid Roy Muesle, da gandería Cid, de Barreiros, foi a Vaca Nova Campiona do Rexional, salientando a súa extraordinaria fortaleza, caracter leiteiro e bo estado de carnes, cun ubre posterior alto e boas patas.

cid roy muesle   CID ROY MUESLE

A vaca intermedia Campiona do Rexional foi a Leader presentada pola gandería Cando e Santos, de A Pastoriza, un animal con moito caracter leiteiro, calidade de oso e un ubre cun ligamento moi marcado. Este animal foi adqurido pola gandería La Flor, de Cantabria, polo que seguro que a seguiremos vendo participar en moitos outros concursos.

paulo leader preciosa  PAULO LEADER PRECIOSA

Pozo Lee foi a Vaca Adulta Campiona, do Rexional e segunda do Internacional, unha vaca cun tremendo barril, sendo así como a describiu o xuíz. Sen dúbida un animal con moito caracter leiteiro, con un ubre ideal, a pesar da súa idade.

campiona pozo lee 4760

En canto aos resultados da poxa de Bos, oito animais foron adquiridos por gandeiros de Lugo, dos que sete foron para o grupo Xercas e unha para Nodi-Lina.

No concurso de vacas participaron un total de 64 animais, dos que 28 competían no Rexional.

O resumo do concurso para as ganderías de Lugo foi o seguinte:

                                    Rexional                Internacional

                                    Xatas    Vacas       Xatas    Vacas     

Primeiras de sección        5            4             1            2

Segundas de sección       2            3             4            1

Campionatos                  2            3            ---           1

Subcampionatos             2            1

                 

 
 
 
 
obispo leader lulu

OBISPO LEADER LULU

 

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético