Retencións a conta sobre a cota láctea na campaña 2008/2009
06 / Octubre / 2008
O RD 1613/2008 determina o sistema de retencións a conta previsto no RD 754/2005, polo que se regula o réxime de taxa láctea.
Este Real Decreto establece tres tramos de cota e aplica as retencións cando se sobrepase a cantidade de referencia nunha porcentaxe, segundo o tramo do que se trate.
Así, para aplicar retención, cando a cota da explotación sexa igual ou inferior a 200.000 quilos, deberá superala nun 20%.
Cando a cota sexa superior a 300.000 quilos, a cantidade entregada terá que ser superior nun 5% para que se aplique retención.
No tramo de 200.000 a 300.000, a porcentaxe é o 10%.