AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Resultados POXA MOEXMU

02 / Abril / 2012

Dentro das actividades da MOEXMU 2012, na mañá do domingo 1 de abril, celebrouse a tradicional poxa de gando frisón, na que participaron animais procedentes da Graxa Gayoso Casto (Deputación provincial), dous machos e unha xata de seis meses, a maiores dos procedentes de ganderías en Control leiteiro.

MOEXMU 2012

O volume de vendas foi de 15.900 €. O prezo medio acadado polos animais presentados polos gandeiros foi de 1.900 €, unha media sensiblemente inferior á das últimas poxas, que se situaron 280 € por riba deste valor.

POXA GANDO FRISON

Os animais que acadaron o prezo máis alto, 2.150 €, foron dous, a vaca de primeiro parto presentada pola gandería Vila, de Albares, Lugo e a xovenca presentada pola gandería Vega, de Ansemar, Castro de Rei.

VILA BOLIVIA NAVEA 3072

A primeiriza, VILA BOLIVIA NAVEA, parida do 23 de xaneiro, é filla dunha Outside de 87 puntos, neta da Bos Marty Neboa, da família de Glen Drumond Tessie, a nai dun touro tan coñecido como Bos Mason Louro.

VEGA LAURIN PELOTA

A xovenca, VEGA LAURIN PELOTA, está preñada do 30 de xullo con End-Story, con nai Stormatic, BB81.

 CASTRO OTTO 15 OTERO

O macho que acadou o prezo máis alto foi CASTRO OTTO OTERO ET, un touro de 16 meses con 2.341 puntos de ICO, da família de Regancrest Barbie, con sete xeracións MB ou EX, que chegou aos 1.250 €.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético