11 / Enero / 2016
Xa está disponible a Resolución definitiva do FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria) pola que se concede o tramo complementario da axuda prevista no Real Decreto 1077/2015, polo que se establece a concesión directa dunha axuda temporal excepcional para compensar as dificultades económicas no sector produtor de vacún de leite.
Na páxina web do FEGA tamén está publicada a relación de gandeiros aos que se lles desestimou a axuda.
Os beneficarios son un total de 6.592 gandeiros, cunha axuda media de 3.033,93 € por gandería, cunha axuda total de 19.999.662,33 €, para toda España.
Cada céntimo que percibe o produtor por debaixo do custo de produción (0,32€/litro) supón por ano en Galicia un total de 26.599.284 €. Se o precio medio do que se lle paga ao produtor son 0,28 €/litro, as perdas ascenden a 106 millóns de euros por ano en Galicia.