AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

Real Decreto 1728/2007 polo que se establece a normativa básica de control que deben cumprir os operadores do sector lácteo

17 / Enero / 2008

 REAL DECRETO 1728/2007, de 21 de decembro, polo que se establece a normativa básica de control que deben cumprir os operadores do sector lácteo e se modifica o Real Decreto 217/2004, de 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e colectores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro dos movementos do leite.

Este real decreto ten por obxecto establecer:

a) Os controis mínimos que deben realizar de xeito obrigatorio os operadores do sector vacún leiteiro e as actuacións en caso de detectarse nos controis realizados algún incumprimento destes requisitos.

b) As condicións nas que deben tomar, transportar e analizar as mostras de leite cru de vaca procedentes dos tanques das explotacións e das cisternas de transporte de leite.

c) As condicións que deben cumprir os laboratorios de análise de mostras de leite cru de vaca para dar cumprimento ao sistema de controis establecido neste real decreto.

d) As bases para a realización dos controis oficiais no ámbito das esixencias en materia da calidade do leite cru de vaca.

e) Os novos rexistros e información que deben incluirse na «base de datos Letra Q» creada no Real Decreto 217/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e colectores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro dos movementos do leite.

BOE

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético