AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

REXIONAL 2024

REXIONAL 2024

25 / Febrero / 2024

Os días 23-25 febreiro de 2024 en Santa Comba tivo lugar o XXXII Concursoo Autonómico da Raza Frisona FEFRIGA 2024, coa participación de animais das tres provincias, unha gandería destacou sobre o resto, REI DE MIÑOTELO, pois os seus animais acadaron a maior parte dos premios, sendo proclamado mellor criador de Galicia tanto de xovencas como de vacas, dende logo un gran recoñecemento ao traballo que esta gandería fai día a día na granxa , pois solo cunhas excelentes pautas de manexo e unha xenética excepciónal se poden acadar tantos triunfos.

Nunha das mellores comarcas produtoras de leite de Galicia, e cun público entregado, os asistentes puideron presenciar o maior espectáculo da gandería de leite da nosa comunidade, con Pol Collell, xuíz internacional de CONAFE foi o encargado de valorar os animais, destacando a calidade e preparación dos mesmos.

 

REY 814 BEEMER YURI foi proclamada Vaca Gran Campiona de Galicia por cuarta vez  consecutiva, un record dificilmente acadable para calquera vaca, se temos en conta que para poder participar unha vaca debe atoparse en lactación e nunhas condicións óptimas para o concurso, por eso comentabamos ao principio o do manexo da gandería REI de MIÑOTELO, pois soamente cuns coidados excelentes se pode acadar este hito.

REY 814 BEEMER YURI - REI DE MIÑOTELO

 

Como Reserva Gran Campiona de Galicia o Xuiz do concurso elexiu a  VILARMOR CAYENNE NANCI unha vaca da gandería A LAGOA SERABEL, que resultou primeira na sección de vacas de 3 anos, Vaca Intermedia de Galicia e ao final quedou como a segunda mellor vaca de Galicia.

 

VILARMOR CAYENNE NANCI - A LAGOA SERABEL

 

Como Xovenca Gran Campiona de Galicia o catalán marcou a  REY 1174 THUNDERSTORM HOLY deixando como subcampiona a súa compañeira de establo REY 1217 HAXL AMARA, dous animais excepcionais.

REY 1174 THUNDERSTORM HOLY - REI DE MIÑOTELO

 

REY 1217 HAXL AMARA - Reserva Gran Campiona

 

REY 1066 CHIEF BRUNA - Vaca Nova Campiona

 

 

Pero os premios ao criador son o maior recoñecemento que pode recibir un gandeiro que cría con esmero os seus animais, dende o momento en que realiza o acoplamento ata que o animal chega a pista, neste caso a gandería REI de MIÑOTELO acadou os títulos de Mellor Criaodor de Xovencas e Vacas, un recoñecemento ao traballo realizado.

 

REI de MIÑOTELO - Mellor Criado de Xovencas de Galicia

 

REI de MIÑOTELO - Mellor Criador de Vacas de Galicia

 

Equipo - REI de MIÑOTELO 

 

Resultados completos

Vídeos concurso

Galeria de fotos

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético