25 / Octubre / 2008
Concurso marcado polas ausencias das ganderías de A Mariña, polas restriccións sanitarias de Lingua Azul, que deixaron fora a gandarías que sen dúbida darían moito xogo no concurso, quedando en 76 o número de animais presentes no concurso, dun total de 17 gandarías.
Se ben con menos animais que outros anos, o nivel dos participantes foi espectacular. Puidemos volver ver o duelo de Lee´s de Pozo e Capón, e un precioso lote de vacas de Blanco, cunha destacada Champion, como vaca nova.
O xuíz, D. Jaime Serrabasa, moi na súa liña, cunhas explicacións claras e convincentes, valorou moito os sistemas mamarios, onde todas as primeiras de sección levaron o premio ao mellor ubre.
As vacas de Pozo, Capón, Blanco e Outeiro foron as que levaron os grandes premios, mentres que en xatas destacaron os mesmos animais que xa o fixesen no Concurso de Criadores de Sarria, celebrado no mes de maio. Foron as gandarías Perrelos, Pozo, Capón e Cancela, as gandarías que coparon os premios de xatas e xovencas.
Cancela presentou unha sorprendente Cancela Buckeye Lenor, xata campiona do concurso, un animal moi anguloso, con moi boa calidade de óso, un colo limpo e unha cabeza moi expresiva.
![]() CANCELA BUCKEYE LENOR |
![]() POZO LOURO MINA 6801 |
![]() PERRELOS AMADA BOTAFOGO |
![]() CAPÓN SEPTEMBER DIXI |
![]() PERRELOS AMADA BOTAFOGO - XOVENCA GRAN CAMPIONA |
A xovenca campiona foi Perrelos Amada Botafogo, cunha boa combinación de estrutura, fortaleza e angulosidade, salientando a súa costela longa e profunda.
En vacas novas, Blanco fixo pleno coa Champion e a Shottle. Jaime Serrabasa describiu á Champion como "soberbia de pés a cabeza", cun sistema mamario espectacular unido a unha moi boa estrutura.
![]() ALIZEE CHAMPION 6370 |
![]() BOS BLANCO SHOTTLE AGRIA ET |
En intermedias, Blanco volveu levar o campionato cunha Gibson, seguido de Pozo cunha Allen, ambas as dúas con moi bos sistemas mamarios e tremendas estruturas.
![]() UGIBSA 2468 |
![]() POZO ALLEN 5275 MIMOSA |
En adultas, que incluíu unha sección de produción vitalícea superior a 50.000 quilos, destacou a Lee de Pozo. Estaba tremenda, cun ubre impresionante e a súa perfecta conformación, características que a fixeron mellor vaca de Galicia no rexional do 2007.
![]() POZO LEE 4760 |
![]() CAPÓN CAROLA LEE |
![]() POZO LEE 4760 - VACA GRAN CAMPIONA |
O mellor criador, Capón, co seu lote de Lee, seguido de Pozo.
O mellor rabaño, sección por puntos, para Pozo, seguido de Outeiro, intercambiando así as posicións do ano pasado neste mesmo concurso.