AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS SARRIA 2011

10 / Mayo / 2011

 
 
 
Enlace TVG O AGRO
 
Enlace  GALERIA DE FOTOS 
 
As actividades do sábado iniciáronse coa cuarta edición da poxa de gando. Foi unha poxa moi concurrida na que se presentaron doce xovencas próximas ao parto, tres delas procedentes da Finca de Bos (Fefriga).

CONCURSO DE CRIADORES SARRIA 2011

O prezo medio foi de 2.340 €, cun volume de vendas de 28.100 €. A que acadou o prezo mais alto foi Bos Shottle Roseta, unha xovenca de 24 meses preñada de Pine Tree Sid do 1 de outubro, con 2.812 puntos de ICO, da família da Freurehaven Rosaline.

BOS SHOTTLE ROSETA
BOS SHOTTLE ROSETA

Das presentadas polos gandeiros, a xovenca Outeiro Lugh Tabita, chegou aos 2.500 €. Esta filla de Bos Shottle Lugh estaba preñada de oito meses con Million, cunha nai BB82, que en dúas lactacións produciu mais de 28.000 quilos de leite co 3,35% de proteína.

 
OUTEIRO LUGH TABITA
OUTEIRO LUGH TABITA
Datos dos animais ofertados:
 

Xenealoxía

Cualificación nai

Produción nai

SHOTTLE x LOU x STORMATIC

81   

10.722

PLANET x TOYSTORY x BLITZ

81   

9.582

PLANET x TOYSTORY x JOCKO

87   

8.881

LUGH x MR SAM x SUBRIDO

82

11.889

ALTUS x XEPE x BELESAR

75

10.269

ELEGANT x JOCKO x LEREZ

77

8.850

AIRRAID x BLITZ x CLARK

80

9.974

LUGH x MR SAM x SUBRIDO

82

11.889

CHAMOSO x LEREZ x SULTAN

76

8.794

AVALON x VERDUGO x RUDOLPH

78

8.901

CANAVAL x BREIXO x LINDY

80

12.231

MOES x GIBSON x RUDOLPH

81

14.178

 
 
Póla tarde, no concurso participaron 19 ganderías, con 51 animais, dos que 20 foron presentados por ganderías da comarca de Sarria. O xuíz foi o asturiano Paulino Badiola.
 
IC CONCURSO DE CRIADORES SAN ISIDRO LABRADOR

 O mellor criador do concurso foi a gandería Pozo, de Lugo, cun lote con tres primeiras de sección, quedando como segundo mellor criador a gandería Cid, de Barreiros.

GANDERIA POZO
GANDERIA POZO

O mellor criador da comarca foi a gandería Cancela, de Sarria, que tamén obtivo o campionato de mellor xovenca da comarca, con Cancela Goldwyn Kira. O segundo mellor criador da comarca foi a gandería Vilar de Susao, de Sarria, cun lote de animais recriados no Centro de recria de Castragude.

GANDERIA CANCELA
GANDERIA CANCELA

A xata campiona foi Cid Spirte Orfa, de gandería Cid, que xá foi unha clara gañadora da súa sección, salientando a súa estrutura e apertura de costela, así como póla súa boa motilidade na pista. 

CID SPIRTE ORFA
CID SPIRTE ORFA
 
A subcampiona foi Pozosaa Dolman Vanesa , da gandería Pozo, unha xata moi ben balanceada, con moita fortaleza e estrutura, con moi boa liña dorso-lumbar.
 
POZOSAA DOLMAN 6928 VANESA
POZOSAA DOLMAN 6928 VANESA
 
En xovencas volveu a gañar Callobro Xacobeo Valdeteja, da gandería Callobro, de Trabada, tal como fixera en Moexmu no mes de abril, acadando o titulo de Xovenca Gran Campiona do concurso. Unha xovenca moi alta e moi ben balanceada, cunha estrutura impresionante á vez que con moito caracter leiteiro. Salientar que o touro Mario Xacobeo foi o que mais fillas tiña presentes no concurso, o 24%, con moita diferenza respecto dos demais sementais.
 
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ

A xovenca Subcampiona, foi Pozo Jasper Paula, da gandería Pozo, da que o xuiz salientou a súa estrutura e capacidade, cunha costela moi aberta.

POZOSAA JASPER PAULA
POZOSAA JASPER PAULA 

 

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

GandAgro 2025


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético