A gandería Pozo, de Lugo, obtivo os títulos de Xata Campiona e Xovenca Campiona do Concurso.
O Campionato de xatas foi para POZO SPIRTE SUSI, e o subcampionato para POZO GOLDWYN SONIA.
POZOSAA SPIRTE 0377 SUSI
POZOSAA GOLDWYN 9545 SONIA
En xovencas, a campiona foi POZO JASPER PAULA, quedando o subcampionato para CANCELA GOLDWYN KIRA, da gandería Cancela, de Sarria.
POZOSAA JASPER PAULA
CANCELA GOLDWYN KIRA
A Xovenca Gran Campiona foi POZO JASPER PAULA.
O sabado tivo lugar o concurso de vacas en lactación, obtendo o título de Vaca Xove Campiona G. DUBRA SC 238 da Gandería Dubra de Trazo a Coruña, e subcampiona BEDRÓN GOLDWYN TELLA da Gandería Bedrón de Lalín, Pontevedra.
G. DUBRA 238
O resto dos campionatos foron para a provincia de Lugo, en vacas intermedias o éxito foi para gandería Rei de Miñotelo da Pastoriza, que acadou o premio a Vaca Intermedia Campiona con REY 454 ROSITA GOLDWYN e o subcampionato con REY 434 NATACHA GOLDWYN.
REY 454 ROSITA GOLDWYN
REY 434 NATACHA GOLDWYN
En vacas adultas o título a Vaca Adulta Campiona foi para POZO ALLEN 5275 MIMOSA da gandería Pozo de Lugo, sendo subcamiona CID ROY MUESLE da gandería Cid de Barreiros.
POZO ALLEN 5275 MIMOSA
CID ROY MUESLE
Estas dúas extraordinarias vacas tamén acadaron os títulos de Vaca Gran Campiona de Galicia POZO ALLEN 5275 MIMOSA e Campiona Reserva CID ROY MUESLE, sendo Mención de Honra REY 454 ROSITA GOLDWYN.
O título ao Mellor Criador de Galicia foi para Rei de Miñotelo da Pastoriza e o Segundo Mellor Criador para gandería Capón de Chantada.
GANDERIA REI DE MIÑOTELO
GANDERIA CAPÓN
Ao rematar o concurso tivo lugar a presentación de grupos de descendencia de touros de Xenética Fontao, nesta ocasión presentaron fillas de Lautamic e Megamagic, dous touros novos que acaban de obter proba de descendencia na avaliación de xuño de 2011.
Xa pola tarde tivo lugar a XVI SUBHASTA TOP-BOS
Os 35 animais presentados foron vendidos por valores moi superiores aos pre
zos de saída, alcanzando o valor máis alto unha xovenca de nome Bos Shottle Secret ET, que foi vendida en 21.800€.
XXVII CONCUROS DE XÓVENES MANEXADORES MEMORIAL LUIS LOUZAO `11
Este concurso comenzou cunha demostración de Manexo na pista do concurso, durante esta os participantes estiveron atentos as explitacións do xuíz para logo non cometer erros durantes o concurso.
Logo deu comenzo o Concurso coas seguintes seccións:
Sección 1ª : Persoas que teñan máis de 21 anos
1º sección: JOSÉ Mª PÉREZ GARCÍA
Sección 2ª : Mozos entre os 16 e os 21 anos
1º sección: JOSÉ ALBERTO IGLESIA VILA
Sección 3ª : Mozos entre os 10 e os 15 anos
1º sección: JORGE VAZQUEZ CUÑARRO
Sección 4ª : Rapaces menores de 9 anos
Sección 5ª : Campionato
Campión: JOSÉ ALBERTO IGLESIA VILA
Subcampión: JOSÉ Mª PÉREZ GARCÍA
Mención de Honra: ALBA ALVÁREZ NUÑEZ