RESULTADOS DO CONCURSO DE CHANTADA
28 / Octubre / 2006
Nesta edición asistiron 114 animais de raza frisona procedentes de 41 ganderías da nosa Comunidade. O concurso desenvolveuse ao longo de todo o día, sendo pola mañá o xulgamento das xatas e xovencas e pola tarde as vacas de leite e campionatos.
O xulgamento estivo a cargo de D. Francisco Javier Freije Freije, xuíz nacional de CONAFE e propietario da gandería Roxa, de Asturias.
No apartado de xatas salientar a elevada participación nas primeiras seccións, obtendo o título de Xata Campiona GANDPOZO CHAMPION MADIA ET, de Gandería Pozo, de Lugo, que logo tamén se alzaría co título de Xovenca Gran Campiona.
O título a Xovenca Campiona foi para CID GIBSON MARÍA, de gandería Cid, de Barreiros.
GANDPOZO CHAMPION MAIDA 9174 ET |
CID GIBSON MARÍA |
Pola tarde tivo lugar un bonito concurso de vacas en lactación, con algunhas seccións nas que a pista quedábase pequena para acoller ao elevado número de animais.
No apartado de Vaca Nova quedou campiona ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV, de gandería Cid de Barreiros, que o ano pasado fóra Xovenca Gran Campiona neste mesmo concurso, en Vacas Intermedias houbo unha gran competencia con varios animais loitando por un título que o final levou J.J. FREIJO LYSTER MAYRA de SAT Sandamil, de Castro de Rei.
ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV |
J.J. FREIJO LYSTER MAYRA |
Logo chegaron as máis veteranas para as seccións de vacas adultas, onde se proclamou campiona ROCKETT de gandería Cid, de Barreiros.
ROCKETT |
MELLOR CRIADOR - MANTOÑO HOLSTEIN |
O premio ao Mellor Criador foi para MANTOÑO HOLSTEIN, cun lote de animais que destacaban principalmente polas boas ubres e boas patas, sen descoidar as estructuras.
Os outros premios foron:
Mellor Concell Barreiros
Mellor Rabañ Mantoño Holstein
Mellor descendencia de vaca: Perrelos
Mellor gandería de nova participación: SAT Sandamil