RESULTADOS DE CONCURSO MOEXMU 2010
10 / Abril / 2010
GALERIA DE FOTOS
Reportaxe O AGRO
Reportaxe LABRANZA
Concurso celebrado en Muimenta, Cospeito, en plena Terra Chá, bisbarra gandeira da provincia de Lugo, con máis de vinte anos de tradición.
Participaron vinte e oito gandarías, incluíndo dous da provincia de Pontevedra e unha de A Coruña; o resto de Lugo, cun total de 98 animais.
A participación foi similar á de anos anteriores, con sete gandarías de nova participación, sendo SAT Casanova, de A Coruña, a que recibiu o premio á gandería de nova participación.
Na mañá do sábado, nas seccións de animais novos, o título de Xata Campioa foi para a gandaría Callobro, de Trabada, con Callobro Xacobeo Valdeteja, nunha sección moi disputada, con cinco primeiras posicións moi parellas, se ben destacou por ser a máis equilibrada, con moi boa presenza en pista.
A Xovenca Campioa foi Capon Goldwyn Carol, de gandaría Capón, de Chantada, que se faría posteriormente co Campionato de Xovencas. Tamén foi Xovenca Campioa no Rexional celebrado en marzo.
CAPONHOLSTEIN GOLDWYN CAROL - GRAN CAMPIOA DE XOVENCAS
A Xata Campioa foi CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ unha filla de Xacobeo de 10 meses de idade.
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ - XATA CAMPIOA
CANCELA GOLDWYN KIRA |
NOVELLE SEPTEMBER NEPAL |
Pola tarde chegou o turno das vacas en lactación e con elas máis público o concurso.
Os campionatos foron ben repartidos, co título de Vaca Nova Campioa para a gandaría Gracoza, de Cospeito, con Lar de Gracoza Final Cut Penelope, unha sorprendente primeiriza de apenas 24 meses, destacando polo seu sistema mamario.
LAR DE GRACOZA FINAL CUT PENEL - VACA NOVA CAMPIOA
A vaca Intermedia Campioa, foi Pozo Allen Mimosa, campioa reserva no Nacional de Primavera. Nesta ocasión relegou ao segundo posto á Campioa Galega, Cando Fania September, da gandaría Rei de Miñotelo, que quedou como campioa reserva. Pozo Allen Mimosa fíxose co título de Vaca Grande Campioa por ser un pouco máis equilibrada, cunha costela máis profunda e mellor sistema mamario.
POZO ALLEN 5275 MIMOSA - GRAN CAMPIOA DE VACAS
CANDO FANIA SEPTEMBER - CAMPIOA RESERVA
En adultas, a gandería Cid levou o campionato, con Cid Roy Muesle, unha clara gañadora da súa sección, polo seu caracter leiteiro e fortaleza, un animal moi ben unido en todas as súas partes.
CID ROY MUESLE - VACA ADULTA CAMPIONA
VIEITES CONCHITA IGNITER |
CAPON CAIXA LEE |
O campionato de Criador foi para o grupo presentado pola gandaría Cid, de Barreiros, quedando en segundo lugar a gandaría Pozo, de Lugo. O lote de Cid foi o máis homoxéneo, cos mellores sistemas mamarios.
GANDERIA CID - MELLOR CRIADOR
GANDERIA POZO - 2º MELLOR CRIADOR
O domingo celebrouse o concurso de novos manexadores, con Alba Álvarez Núñez como campioa absoluta. Nas seccións de 10 a 15 anos e na 16 a 21 anos, os irmáns Iglesia Vila, Esteban e José Alberto, da gandaría Rei de Miñotelo, fixéronse co primeiro posto en ambas as dúas seccións.
O concurso estivo organizado en seccións en función da idade dos participantes.
Sección 1: Rapaces menores de 9 anos
Todos resultaron primeiros de sección.
Sección 2: Mozos entre 10 e 15 anos
POSTO |
MANEXADOR |
GANDERIA |
1º |
ESTEBAN IGLESIA VILA |
REY DE MIÑOTELO - LUGO |
2º |
JANJO CARRO MAREQUE |
CASA NOVA - A CORUÑA |
3º |
CRISTINA CARRO IGLESIA |
CASA NOVA - A CORUÑA |
Sección 3: Mozos entre 16 e 21 anos
POSTO |
MANEXADOR |
GANDERIA |
1º |
JOSE ALBERTO IGLESIA VILA |
REY DE MIÑOTELO - LUGO |
2º |
MIEGUEL EXPOSITO RODRIGUEZ |
LA RINCONADA - CANTABRIA |
3º |
ROI CAPON FERNANDEZ |
CAPON - LUGO |
Sección 4: Mozos con máis de 21 anos
POSTO |
MANEXADOR |
GANDERIA |
1º |
ALBA ALVAREZ NUÑEZ |
SILVELA - ASTURIAS |
2º |
RUBEN CANDO SANTOS |
CANDO SANTOS - LUGO |
3º |
MANUEL PETEIRA FERNANDEZ |
PETEIRA - LUGO |
Para rematar este concurso de manexadores tivo lugar un campionato entre os dous primeiros clasificados das seccións 2, 3 e 4 resultando como mellor manexador do concurso ALBA ALVAREZ, subcampión JOSE ALBERTO IGLESIA.
ALBA ALVAREZ NUÑEZ |
JOSE ALBERTO IGLESIA VILA |
Logo do concuros de manexadores tivo lugar á poxa de gando frisón.
POXA DE GANDO FRISÓN
Nesta poxa a gran novidade foi a subasta de 3 machos procedentes da Granxa Gayoso Castro, animais procedentes de familias de vacas con recoñecido prestixio e que se puxeron a venta como futuros sementais, tendo unha boa acollida polos gandeiros xa que os tres foron vendidos.
CASTRO RUDOLPH ROUMARE 914 ET
No apartado das femias ofertaronse 4 animais , 3 xovencas próximas ao parto e unha vaca recén parida, alcanzando o prezo máximo unha xovenca da gandería Outeiro de Chantada, de nome OUTEIRO CHAMOSO NICOLA, unha filla de Bos James Chamoso x Outeiro Lee Nevada MB 87 e con máis de 50.000 Kg de leite producidos en 5 lactacións.
OUTEIRO CHAMOSO NICOLA
Os actos desta XXIV edición do CONCURSO e EXPOSICIÓN DE GANDO da MOEXMU remataron coa tradicional entrega de premios.