RESULTADOS CONCURSO REXIONAL 2009
13 / Junio / 2009
MÁIS FOTOS
O domingo tivo lugar o XXV CONCURSO DE XÓVENES MANEXADORES SEMANA VERDE 2009 "MEMORIAL LUIS LOUZAO"
Premiados cos Xuices e a familia Louzao

Águeda Capón foi a campiona na categoría Junior, onde competiron os dous primeiros clasificados das seccións de 15 a 18 e de 18 a 25 anos, sendo todos eles da provincia de Lugo e resultando así:
1º Águeda Capón Fernández - Casa Capón
2º Iván López López - Casa Novelle
3º Iván Ferreiros Señor - Casagrande
4º José Alberto Iglesia Vila - Sat Rei de Miñotelo
Concurso Rexional de Vacas

Gran Campiona co propietario, Xuices e autoridades
Gandería SAT Cavadas, de Lugo consigue o título de Mellor Criador de Galicia 2009 e o de Vaca Gran Campiona do Concurso Rexional 2009.
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC - VACA GRAN CAMPIONA
Xercas Cav Djalma Stormatic, foi elixida como mellor vaca do concurso, tras conseguir ser elixida no mes de abril, Vaca Gran Campiona de MOEXMU 2009. O xuíz salientou dela o seu caracter leiteiro, as patas e por ter un ubre moi equilibrado e con moita corrección en todas as súas partes. No campionato de adultas impúxose á Rita de gandería Blanco, un animal cunha tremenda estrutura, por ter mellores aplomos.
CANDO FANIA SEPTEMBER - VACA INTERMEDIA SUBCAMPIONA
PERRELOS AMADA BOTAFOGO - VACA NOVA SUBCAMPIONA
As ganderías Perrelos, de Taboada e Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, tamén acadaron os títulos de Vaca Xoven Subcampiona e Vaca Intermedia Subcampiona respectivamente. A Botafogo de Perrelos quedou por detrás da Goldwyn de gandería Silva (Pontevedra), ao faltarlle algo de madurez no seu sistema mamario, cunha mellor definición das súas inserccións, sendo un animal con moi boa estrutura e moi boas patas. No campionato de intermedias, a Champion de gandería Blanco (Pontevedra) impúxose á September de Rei de Miñotelo, a pesar do extraordinario estilo da lucense, pero a mellor profundidade de ubre da de Blanco e a súa altura fixeron gañadora á vaca de Pontevedra.
SAT CAVADAS - MELLOR CRIADOR
En Criadores, o lote de SAT Cavadas, con Stormatic, Approval e Dane, dúas adultas e unha intermedia, quedou por diante do de gandería Pozo, con Allen, Aaron e inquirer, dúas intermedias e unha adulta.
Participaron no Concurso un total de 88 animais, dos que 45 eran da provincia de Lugo.
As ganderías de Lugo acaparan todos os campionatos do concurso de xatas e xovencas

Os títulos de Xata Campiona e Subcampiona, así como os de Xovenca Campiona e Subcampiona foron para ganderías de Lugo.
A Xovenca Gran Campiona foi Cancela Buckeye Leonor, de gandería Cancela, de Sarria. Esta xovenca fora elixida polo mesmo xuíz, D. Jaime Serrabasa, como Xata Campiona no Concurso de Chantada 2008. Participando na súa sección, a de xovencas de 20 a 22 meses de idade, xunto coa coa que sería Xovenca Subcampiona, Sandamil
MS Decker Melany, de gandería sandamil, de Castro de Rei, o xuiz as definiu como a mellor parella de animais de todo o concurso. A Decker de Sandamil xa fora elixida Xovenca Campiona no concurso de Sarria 2009.
CANCELA BUCKEYE LENOR - XOVENCA GRAN CAMPIONA
SANDAMIL MS DECKER MELANY - XOVENCA SUBCAMPIONA
En xatas, a Campiona foi Pozo Roy Lana, de gandería Pozo, de Lugo, da que o xuíz salientou as súas patas e grupa, así como unha costela moi fonda e arqueada. A gandería Pozo colocou tres xatas de primeiras nas sete seccións do concurso.
A Xata Subcampiona foi Novelle September Nepal, de gandería Novelle, de Paradela.
POZO ROY LANA - XATA CAMPIONA
NOVELLE SEPTEMBER NEPAL - XATA SUBCAMPIONA
A representación de ganderías de Lugo é a máis numerosa do Concurso, cun total de 45 animais.
As ganderías de Lugo presentan animais en todas as seccións do Concurso, trece en total, sendo a participación superior nas seccións de vacas de leite, con 30 vacas.
Con relación ao ano anterior, a participación en ganderías é superior, con cinco ganderías máis, pero con dez animais menos que os presentados no mes de novembro.
Relación de ganderías participantes:
GANDERÍA |
CONCELLO |
A PARADA |
A PASTORIZA |
CALLOBRO |
TRABADA |
CANCELA |
SARRIA |
CAPON |
CHANTADA |
CAVADAS |
XERMADE |
FONTESTRIZ |
CHANTADA |
GAIGO |
MEIRA |
LIXEIRO |
MONFORTE |
NOVELLE |
PARADELA |
PERNAS |
XERMADE |
PERRELOS |
TABOADA |
PORTALOUSA |
XERMADE |
POZO |
LUGO |
REI DE MIÑOTELO |
A PASTORIZA |
SANDAMIL |
CASTRO DE REI |
TATO |
CHANTADA |