RESULTADOS CONCURSO MOEXMU 2008
12 / Abril / 2008
Este ano o concurso de MOEXMU celebrouse o 12 de abril, sendo o encargado do xulgamento D. Jordi Juanola Codina, Xuíz Nacional de CONAFE.
Pola mañá tivo lugar o xulgamento das seccións de xatas e xovencas, unhas seccións pouco númerosas pero con animais de excelente calidade.
Resultando Xata Campiona unha becerra da gandería Perrelos de Taboada, filla de Botafogo e da que o Xuíz destacou a gran finura que posúe este animal.
PERRELOS AMADA BOTAFOGO
Como Xovenca Campiona o Xuíz decantouse por Sandamil Ramsses Meira, de gandería Sandamil de Castro de Rei, esta filla de Ramsses destaca fundamentalmente pola súa fortaleza de lomo e anchura de peito.
SANDAMIL RAMSSES MEIRA
A hora de escoller a Gran Campiona de Xovencas o Xuíz decantouse pola de maior idade, acadando o título SANDAMIL RAMSSES MEIRA, esta fabulosa filla de Ramsses, que é un touro de Xenética Fontao en espera de proba.
Xa pola tarde tivo lugar o concurso de vacas en lactación, cunha elevada participación e tamén moito público que non quixo perderse esta cita.
Como Vaca Nova Campiona resultou Travesía Titanic Trudy ET de gandería Sandamil de Castro de Rei, un animal cunha ubre perfecta e que destaca tamén pola boa armonía entre todas as súas partes.
TRAVESIA TITANIC TRUDY ET
Logo chegou o turno de escoller a Vaca Intermedia Campiona, un título sempre moi disputado e que neste caso foi para Anibal Champion Aleluya IV, da gandería Cid de Barreiros, una animal de 4 anos de idade que combina a perfección unha tremenda ubre cunha gran fortaleza corporal.
ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV
Logo chegou o momento de elexir a Vaca Adulta Campiona, unha sección sempre reñida xa que as vacas que chegan a estas idades en condicións de producir e poder participar nun concurso son vacas sempre moi boas, que reúnen as características necesarias para durar moito tempo na explotación, resultando Campiona Pozo Lee 4760, da gandería Pozo de Lugo.
POZO LEE 4760
Esta vaca destaca principalmente pola súa magnifíca estrutura, cun esqueleto perfecto, que lle permite manterse o longo dos anos nun estado formidable, e unha ubre moi correcta para a súa idade o que lle permite destacar alí donde vai.
Como VACA GRAN CAMPIONA foi proclamada POZO LEE 4760, este expléndido animal xa leva dadas moitas alegrías os seus propietarios, xa que comenzou destacando de xovenca e agora con máis de 6 anos segue a destacar entre as vacas, demostrando que unha boa morfoloxía e un bo manexo son as mellores ferramentas para conseguir vacas cunha elevada lonxevidade.
POZO LEE 4760, o manexador, o propietario e o Xuíz
Pero tamén temos que destacar neste concurso os grupos presentados a Mellor Criador, un premio moi valorado polos participantes, xa que compiten grupos de 3 animais nacidos na explotación, convertendo este galardón nun mérito o traballo de selección e manexo do gandeiro.
Nesta ocasión participaron cinco ganderías resultando MELLOR CRIADOR gandería NODI de Barreiros e SEGUNDO MELLOR CRIADOR gandería CAVADAS de Xermade.
GANDERÍA NODI |
GANDERÍA NODI |
GALERIA FOTOS
CONCURSO DE MANEXADORES E ENTREGA DE PREMIOS
A xornada comenzou co Concurso de Novos Manexadores, donde os máis novos tiveron ocasión de demostrar a súa destreza a hora de presentar un animal na pista, resultando como Mellor Manexador na Sección de 15 a 18 anos Alberto Iglesia Vila da gandería Rei de Miñotelo, e na Sección de 10 a 14 anos resultou gañadora Agueda Capón Fernández da gandería Capón.
Logo chegou a hora dos manexadores máis novos, ata 9 anos de idade, nesta sección o Xuíz decidiu que todos eran gañadores, xa que polo seu entusiasmo todos merecian sobradamente o premio.
Por último chegou o turno dos manexadores adultos, donde os asistentes puideron observar sobre a pista como manexan os animais auténticos profesionais desta disciplina.
Acadando o título de Mellor Manexador Adulto Iván López López de gandería Novelle, do que o Xuíz destacou a gran complicidade que demostrou ter co animal que manexaba, o mesmo tempo que permanecía atento as ordes do Xuíz.
Unha vez rematado o Concurso de Manexadores os asistentes puideron disfrutar coa actuación do grupo Os Valuros ata o momento da entrega dos premios.
Esta entrega de premios correu a cargo das distintas autoridades asistentes o evento así como da comisión organizadora:
Ademáis contou dos premiados o acto contou cunha gran asistencia de públic
Para rematar os actos relacionados co XXII Concurso de Gando Frisón MOEXMU 2008 tivo lugar o sorteo dunha xata doada pola Excma. Diputación Provincial de Lugo.
Esta xata foi para Gandería SAT Cavadas de Xermade.