AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS CONCURSO DE MOEXMU 2009

04 / Abril / 2009

MÁIS FOTOS

Nova edición de MOEXMU, con bo tempo e moito público na sesión de tarde.

Partciparon 93 animais de 28 ganderías. O xulgamento do concurso estivo a cargo de D. José Manuel Simoes Dias, da Asociación Holstein de Portugal, sendo a primeira vez que un xuiz portugués xulga un concurso en España.

vista xatas

O concurso iniciouse coas seccións de xatas e xovencas, resultanto Xata Campiona Nodi Affirmed Lola, de gandería Nodi, de Barreiros, unha xata que gañou con facilidade na súa sección, destacando o seu arqueamento de costela e grupa. Posteriormente o xuíz a faría Gran Campiona de Xovencas.

 NODI AFFIRMED LOLA
                        NODI AFFIRMED LOLA  -  XOVENCA GRAN CAMPIONA
 
A Xovenca Campiona do concurso foi Sandamil M.S. Decker Melany, da gandería Sandamil, de Castro de Rei. Esta xovenca presenta gran potencia no seu tercio anterior, con fortaleza de lombo e moi boa colocación de patas. 
 
 SANDAMIL MS DECKER MELANY
                     SANDAMIL MS DECKER MELANY - XOVENCA CAMPIONA
 
FARRUQUIÑO ROUMARE VELETA
FARRUQUIÑO ROUMARE VELETA
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN MARISA
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN MARISA
 
vista vacas
 
Pola tarde chegou o turno das vacas en lactación, resultando Gran Campiona de Vacas  Xercas Cav Djalma Stormatic, de Sat Cavadas, de Xermade, unha vaca de 5 anos que tamén foi a Vaca Adulta Campiona. Esta vaca é irmá do touro en espera de proba de Xenética Fontao, Xercas Cav Djalmo September.
 
 XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
                XERCAS CAV DJALMA STORMATIC - GRAN CAMPIONA DE VACAS
 
Durante toda a tarde os asistentes puideron observar unhas vacas excepcionais, como a Vaca Nova Campiona, Rey 425 Esquisita September, da gandería Rei de Miñototelo, unha vaca moi estilosa, cun ubre posterior moi ancho e con bo ligamento.
 
 
REY 425 ESQUISITA SEPTEMBER
                     REI 425 ESQUISITA SEPTEMBER - VACA NOVA CAMPIONA
 
 
Outra vaca que tamén causou sensación foi Cid Gibson María, que acadou o título de Vaca Intermedia Campiona, da gandería Cid, un animal con moita fortaleza, moi boa costela e ligamento.
 
 CID GIBSON MARIA
                            CID GIBSON MARIA - VACA INTERMEDIA CAMPIONA
 
 O Mellor Criador foi a gandería Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, quedando en segundo lugar a gandería Outeiro, de Chantada.
 
MELLOR CRIADOR
                           GANDERIA REI DE MIÑOTELO - MELLOR CRIADOR
 
Por puntos, o Mellora Rabaño, tamén foi para a gandería Rei de Miñotelo, sendo segundo Mellora Rabaño a gandería Pozo, de Lugo.
 
Como gandería de Nova Participación, o premio foi para o Centro de Recría Anoca, acadando un primeiro e un segundo posto de sección, nesta a súa primeira participación en Moexmu.
 
Salientar que nesta edición incluíronse como novidades unha sección para vacas de primeiro parto menores de 26 meses, así como outra de vacas con produción vitalícea superiro a 50.000 quilos de leite.
 
 
  
 
CID GIBSON FORXA
CID GIBSON FORXA
CANDO FANIA SEPTEMBER
CANDO FANIA SEPTEMBER
TORTUE LB 4573
TORTUE LB 4573
GANDERIA OUTEIRO
GANDERIA OUTEIRO
 
 
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                                    XERCAS CAV DJALMA STORMATIC

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético