24 / Octubre / 2009
Nesta edición participaron 110 animais procedentes de 29 ganderías, todas elas da provincia de Lugo. O xulgamento estivo a cargo de D. Santiago García Souto, Xuíz Nacional de Conafe.
Pola maña tivo lugar o xulgamento das seccións de xatas e xovencas, onde os asistentes puideron observar uns magníficos exemplares con sección numerosas a animais moi uniformes.
Destacar a notable actuación de todos os animais presentados pola gandería Pozo de Lugo con varios primeiros de sección e a Xovenca Gran Campiona do Concurso, VIEITES CONCHITA IGNITER, unha xovenca de 21 meses de idade que destaca pola sua finura e corrección de todas as súas partes.
Pero tamén e moi destacable a actuación da gandería Novelle, que na súa primeira participación no Concurso obtivo o título de Xata Gran Campiona con Novelle September Nepal.
![]() |
![]() NODI AFFIRMED LOLA |
Xa pola tarde e cunha maior afluencia de público tivo lugar o concurso das Vacas en Lactación, onde a pesar de haber algunhas seccións con poucos animais o nivel foi altísimo, como destacou o Xuíz.
![]() |
![]() CID ROY MUESLE |
![]() TORTUE LB 4573 |
![]() 2º MELLOR CRIADOR - CID |
Dentro das actividades organizadas no XVIII Concurso de Gando Frisón de Chantada, o domingo, día 25 de outubro, celebrouse o Concurso de Novos Manexadores.
POSTO | MANEXADOR |
1º | MARCOS OSORIO NOGUEROL |
2º | DAVID DE LA TORRE REY |
3º | PABLO MARTÍNS GARCÍA |
POSTO | MANEXADOR |
1º | MIGUEL EXPÓSITO RODRÍGUEZ |
2º | ALBA ÁLVAREZ NÚÑEZ |
3º | ÁGUEDA CAPÓN FERNÁNDEZ |
POSTO | MANEXADOR |
1º | IVAN LÓPEZ LÓPEZ |
2º | MANUEL PETEIRA FERNÁNDEZ |
3º | RUBÉN CANDO SANTOS |
No campionato, no que participaron os dous mellores clasificados de cada unha das seccións por grupos de idade, resultou gañador o cántabro Miguel Expósito Rodríguez. | ![]() |
|
![]() |