AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS CHANTADA 2010

17 / Octubre / 2010

 
Nesta XIX edición do Concurso de Gando Frisón de Chantada participaron 20 ganderías e un total de 78 animais, todos eles procedentes da provincia de Lugo.
 
O xulgamento estivo a cargo do Xuíz Nacional de CONAFE D. José Manuel Medina Méndez, da gandería La Argomota, de Asturias.
 
CONCURSO FRISON 
 
Pola mañá tivo lugar o xulgamento de xatas e xovencas resultando Gran Campiona POZOSAA LHEROS MIKAELA, da Gandería Pozo, de Lugo, unha xovenca que ven de participar no Concurso Nacional da raza celebrado en Xixón o pasado mes de setembro, donde acadou un segundo posto de sección por detrás da que sería  a xovenca campeona do Nacional.

A Xata Subcampiona foi para a gandería Fontestriz, de Chantada, cunha filla de Xacobeo, Fontestriz Xacobeo María.

 
POZOSAA LHEROS MIKAELA
POZOSAA LHEROS MIKAELA
 
Tamén salientar o papel da gandería Rei de Miñotelo de A Pastoriza, acadando o título de Xata Campiona con REY 509 NINFA SPIRTE , unha fermosa xata de tan só 10 meses de idade que xa mostra todo o potencial da raza. Rei de Miñotelo tamén levou o Subcampeonato de Xovencas, con Rey 471 Galleta Dolman
 
REY NINFA SPIRTE
REY 509 NINFA SPIRTE
 
 
FONTESTRIZ  XACOBEO MARIA
FONTESTRIZ XACOBEO MARIA
REY 471 GALLETA DOLMAN
REY 471 GALLETA DOLMAN
 

Pola tarde chegou o momento das vacas en lactación nun concurso que se presentaba moi aberto, sen unha clara favorita, ao non estar presente Pozo Allen Mimosa, a gañadora do ano pasado en Chantada, ao estar seleccionada para participar a finais de outubro no Concurso Internacional de Cremona, representando a España.

 
concurso frisoa
 
 

A Gran Campiona do Concurso foi XERCAS CAV DJALMA STORMATIC, da gandería Cavadas de Xermade, unha vaca de 4º parto que aínda non fai un mes de parida, pero saíu a pista impresionate, da que o Xuíz salientou a súa ubre, pola súa enorme capacidade e as perfectas insercións, sobre todo a posterior. Esta vaca xa foi a Vaca Campiona de Galicia no Concurso Autonómico Fefriga 2009.

 
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
 
Como Campiona  Reserva elexiu a Vaca Adulta Subcampiona TORTUE LB 4573 da gandería Pozo, unha vaca que destaca polo seu tremento carácter leiteiro e que leva participado en moitos concursos, quedando sempre entre as primeiras posicións.
 
TORTUE
TORTUE LB 4573
 
 
No campionato de Vacas Novas o premio tamén foi para gandería Pozo, con Vieites Conchita Igniter, unha primeiriza que o xuíz colocou por diante de Rey 454 Rosita Goldwyn, destacando a maior fortaleza que mostraba o animal neste momento. A Igniter de Pozo foi a Xovenca Gran Campeona da edición do 2009 de Chantada.
 
VIEITES CONCHITA IGNITER
VIEITES CONCHITA IGNITER
 
 
REY 454 ROSITA GOLDWYN
REY 454 ROSITA GOLDWYN
 
En Vacas Intermedias resultou Campiona Lina Goldwyn Renata, da gandería Lina, de Trabada, este animal tamén participou no Nacional de Xixón celebrado en setembro e o xuíz destacou del a ubre e o seu tremendo carácter leiteiro.
 
LINA GOLDWYN RENATA
LINA GOLDWYN RENATA
 
CAPON-HOLSTEIN BUCKEYE MERCHI
CAPON-HOLSTEIN BUCKEYE MERCHI
 
 
SAT Cavadas, de Xermade, foi elixido Mellor Criador, ao presentar un lote cos melleres ubres, quedando como 2º mellor Criador, gandería Capón, que presentou un conxunto con moi boas estruturas leiteiras
 
CAVADAS
GANDERIA CAVADAS
 
GANDERIA CAPON
GANDERIA CAPON
 
 

Poxa de Gando Frisón

POXA DE GANDO FRISON

Presentáronse sete animais, dos que se venderon seis, catro xovencas próximas ao parto e dúas vacas, cun volume total de vendas de 12.850 €. O prezo medio foi de 2.142 €.

POXA EN CHANTADA

O animal que acadou o maior prezo, 2.750 €., foi Outeiro Roumare Kalida, da gandería Outeiro, de Chantada. É unha primeriza parida de maio e xa preñada do mes de setembro con Laurín, cunha nai cualificada MB 86, con máis de 66.000 quilos de leite en catro lactacións. A súa xenealoxía é Roumare x Roy x Storm x Grand x Warden.

OUTEIRO ROUMARE KALIDA  OUTEIRO ROUMARE KALIDA

 

Concurso de Manexadores

MANEXADORES  Participantes co Xuíz

Estivo organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, actuando como xuíz José Manuel Medina.

Distribuiuse en catro seccións, máis un campeonato, no que resultou campeón absoluto Miguel Expósito Rodríguez.

MIGUEL EXPOSITO

Os primeiros clasificados de cada unha das catro categorías foron:

Sección 1ª. Maiores de 21 anos:

Alba Álvarez Núñez, da gandería Silvela, de Asturias

MANEXADORES

Sección 2ª. Entre 16 e 21 anos:

Miguel Expósito Rodríguez, da gandería La Rinconada, de Cantabría

MANEXADORES

Sección 3ª. Entre 10 e 15 anos:

Jorge Vázquez Cuñarro, da gandería Capón, de Chantada

CONCURSO XOVENES MANEXADORES

Sección 4ª. Menores de 10 anos:

Martín Gómez Vázquez, da gandería Outeiro, de Chantada

MANEXADORES

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético