AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS 31 CONCURSO NACIONAL CONAFE 2010

20 / Septiembre / 2010

POZO ALLEN 5275 MIMOSA

 VACA ADULTA SUBCAMPEOA - POZO ALLEN 5275 MIMOSA - CASA POZO
 

Na 31 edición do Concurso Nacional da raza frisoa, que tivo lugar en Xixón os días 18 e 19 de setembro, participaron 9 animais da provincia de Lugo, dos cales 6 eran vacas en lactación.

SECCION DE 23 A 26 MESES
XOVENCAS DE 23 A 26 MESES

O sábado tivo lugar o concurso de xata e xovencas cunha destacada actuación dos animais lucenses, CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ, da gandería Callobro de Trabada, resultou segunda na sección de xatas entre 14 e 16 meses de idade, por detrás da xata campeoa do concurso.

CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ

 

Idéntico resultado acadou POZOSAA LHEROS 7229 MIKAELA, de Casa Pozo de Lugo, segunda na sección de xovencas de 23 a 26 meses por detrás da que seria a xovenca campioa do concurso.

POZOSAA LHEROS 7229 MIKAELA

 
A outra participante foi POZOSAA JASPER PAULA, outra xata de Casa Pozo que acadou un meritorio cuarto posto na sección de xatas de 11 a 13 meses de idade.
 
POZOSAA JASPER PAULA
 
 
O domingo cheou o turno as vacas en lactación, como sempre nesta cita a expectación era máxima, e as gradas estaban ateigadas de persoas que querían ver en directo a elección da mellor vaca frisoa de España.
 
31 CONCURSO NACIONAL CONAFE 2010
 
O protagonismo lucense estivo a cargo de POZO ALLEN 5275 MIMOSA que logo de impoñerse na sección de vacas adultas de 5 anos, saíu o campionato con serias opcións a todo, ata que o xuíz se decantou por Veturo Morty Letizia para campeoa adulta e vaca campeoa reserva, quedando Mimosa como vaca adulta subcampeoa, dende logo todo un mérito ser a segunda mellor vaca adulta de España.
 
POZO ALLEN 5275 MIMOSA
 
 Pero as outras participantes de Lugo tamén realizaron unha boa actuación, así temos que destacar o cuarto posto acadado por CID GOLDWYN ALELUYA V na sección 12 e por LINA GOLDWYN RENATA na sección 14.
 
CID GOLDWYN ALELUYA V
CID GOLDWYN ALELUYA V
 
 
LINA GOLDWYN RENATA
LINA GOLDWYN RENATA
 
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético