RESULTADO GANDAGRO 2010
05 / Marzo / 2010
XATAS E XOVENCAS
O venres día 5 de marzo no recinto feiral de Silleda e dentro das actividades de GandAgro 2010 tivo lugar o xulgamento de xatas e xovencas pertencente o XIX Concurso Autonómico da Raza Frisoa "FEFRIGA '10" e o XXX Concurso Internacional de Frisón "OPEN GANDAGRO 2010".
XIX Concurso Autonómico da Raza Frisoa "FEFRIGA '10"
As ganderías da provincia de Lugo acadaron a meirande parte dos premios, mostra disto os tres mellores animais novos do concurso pertencen a ganderías de Lugo.
POZOSAA JASPER 9888 ERMA, foi proclamada polo xuíz D.Kennet Empey XOVENCA GRAN CAMPIONA DE GALICIA "FEFRIGA '10". Esta magnífica filla de Jasper da que o xuíz destacou sobre toda a súa finura e armonía entre todas as súas partes, é filla de Tortue, unha vaca de gandeiría Pozo coñecida pola súa participación en moitos concursos, e que actualmente se atopa rematando a súa 5ª lactación.
POZOSAA JASPER 9888 ERMA - XOVENCA GRAN CAMPIONA DE GALICIA
As seccións de xovencas estiveron totalmente dominadas polas ganderías de Lugo, destacando as ganderías Capón de Chantada, Pozo de Lugo, Rey de Miñotelo da Pastoriza e Novelle de Paradela, entre as catro repartironse os primeiros e segundos postos das seccións 5, 6 e 7.
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN CAROL acadou o título de XOVENCA CAMPIONA DE GALICIA, por diante de NOVELLE SEPTEMBER NEPAL que resultou así XOVENCA SUBCAMPIONA DE GALICIA, colocación que repetiron no gran campionato, acadando Carol o título de Reserva Gran Campiona e Nepal Mención de Honra.
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN CAROL - RESERVA GRAN CAMPIONA DE GALICIA
NOVELLE SEPTEMBER NEPAL - MENCION DE HONRA CAMPIONA DE GALICIA
XXX Concurso Internacional de Frisón "OPEN GANDAGRO 2010"
Destacar a presenza de ganderías de Portual, Asturias, Cantabria e Navarra, estando así presentes neste concurso, as ganderías máis destacadas nivel nacional.
Neste Open GandAgro tamén destacou POZOSAA JASPER 9888 ERMA acadando o título de "TERNERA CAMPEONA INTERNACIONAL GANDAGRO 2010" y "RESERVA GRAN CAMPEONA".
POZOSAA JASPER 9888 ERMA posando co seu dono e as autoridades
A "NOVILLA GRAN CAMPEONA INTERNACIONAL GANDAGRO '10" foi LLERA GOLDWYN ALANIS ET da ganderia Llera Her de Cantabria.
LLERA GOLDWYN ALANIS - GRAN CAMPIONA INTERNACIONAL GANDAGRO 2010
O sábado 6 de marzo no recinto feiral de Silleda e dentro das actividades de GandAgro 2010 tivo lugar o xulgamento de vacas pertencente o XIX Concurso Autonómico da Raza Frisoa "FEFRIGA '10" e o XXX Concurso Internacional de Frisón "OPEN GANDAGRO 2010".
XIX Concurso Autonómico da Raza Frisoa "FEFRIGA '10"
Ao igual que sucedeu o día anterior as ganderías de Lugo levaron a maioría dos premios, resultando as tres mellores vacas do concurso de gandeirías da nosa provincia.
O xulgamento estivo a cargo de D.Kennet Empey, que proclamou a CANDO FANIA SEPTEMBER como VACA GRAN CAMPIONA DE GALICIA "FEFRIGA '10", destacando a súa ubre e corrección de todas as súas partes.
CANDO FANIA SEPTEMBER - VACA GRAN CAMPIONA DE GALICIA "FEFRIGA '10"
Como RESERVA GRAN CAMPIONA nombrou a POZO ALLEN 5275 MIMOSA, da gandeiría Pozo, que logo de quedar segunda na sección por detrás de Fania, foi declarada a segunda mellor vaca do concurso.
POZO ALLEN 5275 MIMOSA - RESERVA GRAN CAMPIONA
A MENCIÓN DE HONRA do concurso foi para a Vaca Xove Campiona, REY 434 NATACHA GOLDWYN, tamén da gandeiría Rey de Miñotelo, unha fermosa primeiriza, que esperamos poida dar moitas alegrías os seus propietarios.
REY 434 NATACHA GOLDWYN - MENCION DE HONRA e VACA NOVA CAMPIONA
Tamén temos que destacar as actuacións de XERCAS CAV DJALMA STORMATIC, proclamada Vaca Adulta Campiona e CID OUTSIDE MIRTA Vaca Adulta Subcampiona.
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC |
CID OUTSIDE MIRTA |
Como MELLOR CRIADOR DE GALICIA foi declarada Gandeiría POZO, de Lugo, cun lote formado por Mimosa, Morita e Madia, 3 vacas que participaron na sección 14 de vacas en lactación de 4 anos, quedando todas colocadas entre os cinco primeiros postos. O premio ao SEGUNDO MELLOR CRIADOR DE GALICIA foi para Gandeiría REY DE MIÑOTELO.
GANDEIRIA POZO
XXX Concurso Internacional de Frisón "OPEN GANDAGRO 2010"
Destacar o grandísimo nivel dos animais presentados, que fixo que os asistentes puidesen disfrutar dun excelente espectaculo.
Da participación de Lugo salientar a MENCIÓN DE HONRA obtida por CANDO FANIA SEPTEMBER.
CANDO FANIA SEPTEMBER co seu dono e as autoridades
A VACA GRAN CAMPIONA INTERNACIONAL do Concurso foi PEBI VENEL 8402 da Gandeiría Blanco de Lalín.
PEBI VENEL 8402 - GRAN CAMPEONA INTERNACIONAL GANDAGRO 2010