AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADO CONCURSO DE CRIADORES DE SARRIA

09 / Mayo / 2009

II CONCURSO DE CRIADORES – SARRIA 2009

MÁIS FOTOS

Participaron un total de 19 ganderías, das que dez eran da comarca de Sarria, presentando un total de 46 animais. O xuíz foi o asturiano D. Francisco Javier Freije.

Dende o concello de Sarria trátase de facer promoción de o labor como criadores de gando frisón das gandarías da comarca de Sarria e en xeral da provincia de Lugo.

 Vista xeral Sarria 2009

No concurso participaron exclusivamente gandarías da provincia, co requisito de que os animais presentados son nacidos nas explotacións que os presentan ou ben procedentes dun Centro de Recría. Contou con seis seccións nas que participaron animais de ata 26 meses de idade.

A comarca de Sarria engloba os concellos de O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela, cun censo total de 288 gandarías en Control Leiteiro, o 13% do total da provincia.

O fomento da recría reflíctese nesta comarca a traveso do Centro de recría "Castragude", xestionado pola Cooperativa COGASAR, entidade patrocinadora do Premio á Xovenca Grande Campeona.

Tamén contouse coa colaboración de Caixa Rural Galega, patrocinadora do premio ao Mellor Criador e da Cooperativa Agroganadera de Sarria, patrocinadora dos campionatos comarcais.

XENETICA FONTAO colaborou a traveso dos premios especiais para fillas de touros do Programa de Mellora Gandeira de Galicia, concedendo a maiores doses de touros probados a todas as ganderías participantes.

Xenética Fontao

RESULTADOS

A gandería Nodi, de Barreiros, foi a que conseguiu o premio ao mellor animal do concurso, con Nodi Affirmed Lola, unha xata de 15 meses, que mantén o seu bo momento de forma, tras ser elixida igualmente Xovenca Gran Campiona en Moexmu 2009. O xuíz salientou dela a súa estrutura leiteira e as súas patas. De igual xeito, a xovenca campiona de Moexmu, Sandamil MS Decker Melany foi elixida xovenca campiona do Concurso de Criadores de Sarria.
 
Xata campiona NODI AFFIRMED LOLA
 
Xovenca gran campiona NODI AFFIRMED LOLAXovenca campiona SANDAMIL MS DECKER MELANY

A mellor xovenca da Comarca, foi Cancela Buckeye Leonor, de gandería Cancela, de Sarria.

           Cancela Buckeye Lenor

O lote presentado pola gandería Pozo, de Lugo, foi elixido para Mellor Criador do Concurso, quedando en segundo lugar a gandería Nodi, de Barreiros.

      Mellor criador Gandería POZO         2º Mellor Criador Gandería NODI

A mellor gandería da comarca de Sarria foi a gandería Novelle, de Paradela, quedando en segundo lugar gandería Rego, de Láncara.

Mellor gandería da comarca NOVELLE2ª Mellor gandería da comarca REGO

No sorteo da xovenca cedida pola Granxa Gayoso Castro, da Deputación Provincial de Lugo, resultou agraciada a gandería Casa de Marta, de Sarria.

 Xornadas Técnicas sobre recría

 Na mañá do sábado tiveron lugar unha Xornadas sobre Recría de Xovencas, nas que interviron expertos en recría, tratando tanto aspectos de manexo como do melloramento xenéticos dos animais de reposición.

Charla Sarria

D. Roberto Carlos Fernández Álvarez, veterinario, falou sobre a importancia da desteta no desenvolvemento das xatas, sendo esta unha etapa crítica na cría do animal.

D. Fernando Rego López e D. José Luis Meijomé Blanco, técnicos dos programas de apareamentos de Africor Lugo e Africor Pontevedra, respectivamente, falaron sobre como programar a mellora xenética, tendo en conta o potencial xenético das xatas.

 D. Roberto Carlos Fernández ÁlvarezD. Fernando Rego López D. José Luis Meijomé Blanco

CONCURSO DE MANEXADORES

    Sección de 15 a 18 anos

1º    Águeda Capón Fernández - Gandería Capón        

2º    Roi Capón Fernández - Gandería Capón                  

3º    Rocío Manteiga Rodríguez - Gandería Manteiga

Águeda Capón Fernández-Gandería Capón

    Sección ata 9 anos

Laura López López - Gandería Cancela

Alejandro González López - Gandería Cancela

Jorge Vázquez Cuñarro - Gandería Capón

Sección ata 9 anos

    Manexadores adultos 

1º    Diego Cando Santos - Gandería Cando Santos
 
2º    Alba Álvarez Núñez - Gandería Silvela
 
3º    Ivan López López - Gandería Novelle
 
 Diego Cando Santos - Gandería Cando Santos 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético