AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

RECOÑECEMENTO

11 / Abril / 2022

RAMIRO FOUZ

Dende FEFRIGA e MOEXMU fíxose entrega dunha placa honorífica a D. Ramiro Fouz, xerente de Africor Lugo anta finais de 2020 e unha das persoas que máis traballou pola modernización e mellora das explotacións de leite, valorizando o Control Leiteiro como ferramenta de xestión da explotación, pero tamén o Libro Xenealóxico, os apareamentos e como non os concursos e poxas, polos que sempre apostou medio de promoción das ganderías, de creación de marca, pero tamén como un escaparate do sector cara o resto da sociedade, debendo servir para reclamar a importancia que o sector produtor de leite ten en moitas comarcas galegas, onde sen dúbida e o principal motor económico.

A nivel organizativo sempre apostou pola modernización, sendo un dos motores da dixitalización da recollida dos datos e da creación do Cegacol, Centro Autonómico de Control Leiteiro, unha dedicación que sen dúbida merece o recoñecemento de todos os que tivemos a sorte de traballar con él, como compañeiros ou gandeiros.

Agora dende outra perspectiva, continúa o seu traballo a favor dun sector ao que adicou a súa carreira profesional, se dúbida unha carreira frutífera da que os gandeiros de leite foron os grandes beneficiados.

Gracias Ramiro, esperamos seguir colaborando en prol do beneficio do sector, buscando sempre ofertar dende as asociacións uns servizos de calidade ao gandeiro, útiles no manexo da explotación que lle serven para mellorar e facer rendible a súa gandería.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético