03 / Noviembre / 2007
O MAPA publica o Real Decreto 1470/2007 que aplicaos pagos directos a la agricultura y a la ganadería.
No apartado referente aos PAGAMENTOS ADICIONAIS NO SECTOR LÁCTEO, no seu Artigo 88, indica:
1. O obxecto é conceder un pagamento aos agricultores de explotacións de gando vacún leiteiro para favorecer a calidade do leite cru producido nas explotacións de gando vacún de leite, co compromiso do gandeiro de acollerse a un sistema de aseguramento da calidade.
2. O límite presupostario dos pagamentos adicionais ao sector lácteo será de 19.763.000 euros.
3. Polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación establecerase todos os anos o importe anual do pagamento adicional por cada quilogramo de cota dispoñible a BOE núm. 264 Sábado 3 novembro 2007 45127 31 de marzo de cada ano, tendo en conta os seguintes casos:
a) A cota a considerar será cero, cando o produtor se acolla a un programa de abandono no período que remata o 31 de marzo do ano de solicitude.
b) No caso de transferencias vinculadas á explotación, computará como cota dispoñible a favor do adquirente o total da cantidade obxecto de transferencia.
En todo caso, a cota dispoñible para estes efectos terá un máximo por explotación de 500.000 kg. No caso de explotacións asociativas, o límite de 500.000 kg. será modificado en función do número de agricultores a título principal que integre a asociación a data de finalización do prazo de solicitude. A este respecto, en ningún caso poderá considerarse se algún dos socios da explotación, aínda que sexa agricultor a título principal, percibe xa unha axuda das previstas no real decreto por este mesmo pagamento adicional.
Cando o titular da explotación sexa unha persoa física, computarase como agricultor a título principal o cónxuxe e os familiares de primeiro grao tanto por consanguinidade, coma por afinidade, sempre que estes cumpran o establecido no artigo 82.2. En explotacións familiares, en ningún caso computará para os efectos de modulación se algún destes agricultores a título principal percibe xa unha axuda das previstas no real decreto por este mesmo pagamento adicional.
O Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación calculará o importe anual por Kg. de cota con dereito a pagamento, dividindo o montante global dos fondos, entre a cota con dereito a pagamento que sumen todos os solicitantes de cada ano tendo en conta os datos subministrados polas comunidades autónomas segundo o establecido no artigo 102.
Artigo 89. Condicións de concesión.
O pagamento adicional concederase aos agricultores con explotacións de gando vacún leiteiro que cumpran, a data de finalización do prazo de solicitude as condicións seguintes:
a) Que presentaran, unha declaración de acollerse de forma voluntaria, ao sistema de calidade descrito na Guía de prácticas correctas de hixiene que se recolle no anexo XX, co fin de alcanzar o seu cumprimento nos aspectos relacionados coas condicións hixiénico sanitarias da produción de leite nos capítulos do I ao V. En vez da guía, o gandeiro poderá acollerse a calquera sistema que asegure a calidade, sempre que estea aprobado e verificado pola autoridade competente.
b) Non ser sancionado por incumprimento da normativa vixente en materia de calidade do leite cru, nos últimos 3 anos anteriores ao ano no que se soliciten as axudas.
c) Non ser sancionado, no ano anterior ao ano no que se solicite a axuda, con motivo dun control destinado a comprobar a coherencia entre a capacidade de produción da explotación e as entregas declaradas, no marco do establecido no Real Decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea e no capítulo IV do Regulamento (CE) 595/2004 da Comisión, do 30 de marzo de 2004, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1788/2003 do Consello do 29 de setembro, polo que se establece unha taxa no sector do leite e os produtos lácteos.
REAL DECRETO