AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

REAL DECRETO 1178/2008

14 / Julio / 2008

Neste Real Decreto establécense, entre outras, as seguintes actividades subvencionables:

a) Construción, adquisición ou arrendamento con opción de compra de dispositivos de almacenamento e categorización de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano xerados na explotación, distintos dos animais mortos na explotación gandeira, e que se atopen no ámbito de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1774/2002, do 3 de outubro de 2002.

b) Construción, adquisición e mellora de equipamentos para a mellora das condicións ambientais ou de bioseguridade en relación co almacenamento e categorización de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, así como os custos indirectos relacionados con estes investimentos, incluíndo a modificación das estruturas xa existentes mediante o seu cambio de situación, valado ou aplicación de dispositivos que permitan a súa manipulación dende o exterior da explotación.

c) Primeira adquisición de colectores ou dispositivos equivalentes para o almacenamento previo á retirada de cadáveres animais mortos na explotación gandeira.

d) Modernización dos sistemas de almacenamento de cadáveres preexistentes, incluíndo a adquisición de novos colectores ou a dotación destes con dispositivos de refrixeración.

A contía máxima total das axudas por beneficiario non superará os 6.000 euros, non superando en ningún caso o 75 por cento dos investimentos subvencionables nas rexións desfavorecidas ou nas zonas indicadas no artigo 36, letra a), incisos i), ii) e iii), do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 e o 60 por cento das mesmas noutras rexións.

Real Decreto

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético