AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

Publicado o RD 1612/2008 sobre aplicación de pagos directos á gandería

04 / Octubre / 2008

SECCIÓN 3. ª PAGAMENTOS ADICIONAIS NO SECTOR LÁCTEO

Artigo 105. Obxecto, contía e límites.

1. O obxecto é conceder un pagamento aos agricultores de explotacións de gando vacún leiteiro para favorecer a calidade do leite cru producido nas explotacións de gando vacún de leite, co compromiso do gandeiro de acollerse a un sistema de aseguramento da calidade.

2. O límite presupostario dos pagamentos adicionais ao sector lácteo será de 19.763.000 euros.

3. Polo Ministerio de Medio, e Medio Rural e Mariño establecerase todos os anos o importe anual do pagamento adicional por cada quilogramo de cota dispoñible a 31 de marzo de cada ano, tendo en conta os seguintes casos:

a) A cota a considerar será cero, cando o produtor se acolla a un programa de abandono no período que remata o 31 de marzo do ano de solicitude.

b) No caso de transferencias vinculadas á explotación, computará como cota dispoñible a favor do adquirente o total da cantidade obxecto de transferencia.

En todo caso, a cota dispoñible para estes efectos terá un máximo por explotación de 500.000 kg. No caso de explotacións asociativas, o límite de 500.000 kg será modificado en función do número de agricultores a título principal que integre a asociación a data de finalización do prazo de solicitude. A este respecto, en ningún caso poderá considerarse se algún dos socios da explotación, aínda que sexa agricultor a título principal, percibe xa unha axuda das previstas no real decreto por este mesmo pagamento adicional.

Cando o titular da explotación sexa unha persoa física, computarase como agricultor a título principal o cónxuxe e os familiares de primeiro grao tanto por consanguinidade, coma por afinidade, sempre que estes cumpran o establecido no artigo 99.2. En explotacións familiares, en ningún caso computará para os efectos de modulación se algún destes agricultores a título principal percibe xa unha axuda das previstas no real decreto por este mesmo pagamento adicional.

O Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, calculará o importe anual por kg de cota con dereito a pagamento, dividindo o montante global dos fondos, entre a cota con dereito a pagamento que sumen todos os solicitantes de cada ano tendo en conta os datos subministrados polas comunidades autónomas segundo o establecido no artigo 119.

 Artigo 106. Condicións de concesión.

O pagamento adicional concederase aos agricultores con explotacións de gando vacún leiteiro que efectuen entregas de leite e cumpran, a data de finalización do prazo de solicitude as condicións seguintes:

a) Que presentaran, unha declaración de acollerse de forma voluntaria, ao sistema de calidade descrito na Guía de prácticas correctas de hixiene que se recolle no anexo XX, co fin de alcanzar o seu cumprimento nos aspectos relacionados coas condicións hixiénico sanitarias da produción de leite nos capítulos do BOE núm. 240 Sábado 4 outubro 2008 40029

En vez da guía, o gandeiro poderá acollerse a calquera sistema que asegure a calidade, sempre que estea aprobado e verificado pola autoridade competente.

b) Non ser sancionado por incumprimento da normativa vixente en materia de calidade do leite cru, nos últimos 3 anos anteriores ao ano no que se soliciten as axudas.

c) Non ser sancionado, no ano anterior ao ano no que se solicite a axuda, con motivo dun control destinado a comprobar a coherencia entre a capacidade de produción da explotación e as entregas declaradas, no marco do establecido no Real Decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea e no capítulo IV do Regulamento (CE) n.º 595/2004, da Comisión, do 30 de marzo de 2004, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1788/2003, do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece unha taxa no sector do leite e os produtos lácteos.

d) Que os agricultores, ou a agrupación á que pertenzan, que entregan leite a compradores teñan subscrito para o ano correspondente á solicitude única, un contrato tipo de subministración de leite de vaca homologada, segundo o establecido na Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora de contratos tipo de produtos agroalimentarios.

 BOE

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético