AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Proposta de axudas do MAGRAMA ao mantenemento da produción

07 / Octubre / 2016

Na reunión do director xeral de Producións e Mercados Agrarios cos directores xerais das comunidades autónomas e con representantes do sector lácteo, o MAGRAMA presentou a proposta para a axuda excepcional de adaptación, destinada a mellorar a liquidez do sector lácteo.

Esta axuda da Comisión europea para o sector ten previsto destinar a España máis de 14 millóns de euros.

A proposta do MAGRAMA e destinar a totalidade do presuposto ao sector vacún de leite, indo a maior parte, o 80% dos fondos, ao mantenemento da produción e o resto a apoiar ás Organizacións de Produtores.

O MAGRAMA entende como “mantenemento da produción” o reparto dos fondos a ganderías que non incrementaran o censo de vacas de leite durante os dous últimos anos.

Desta medida quedarían exentas as ganderías coa consideración de “pequenos produtores” e as explotacións en zonas de montaña ou nas illas.

Tomando como referencia as ganderías en Control leiteiro de Lugo, que sendo tan so un tercio do total de ganderías da provincia, producen o 70% do leite, o 23% das ganderías terían incrementado en máis dun 10% o seu censo nos dous últimos anos, ascendendo ao 48% se consideramos incrementos superiores ao 1%.

Na liña contraria, un 18% das ganderías diminuiron o seu censo en máis dun 10% nos dous últimos anos.

No mes de setembro, na provincia de Lugo muxíronse un 1,8% máis de vacas que no mesmo mes do ano anterior, o que da idea do saldo positivo entre as ganderías que reduciron e as que aumentaron o censo nos dous últimos anos.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético