AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Premio á gandería Outeiro

27 / Abril / 2017

A gandería OUTEIRO, de Chantada, gaña un terceiro premio a nivel nacional por un queixo elaborado baixo a denominación Airas Moniz.

Esta gandería socia de AFRICOR LUGO é un referente na cría de gando frisón, obtendo multitude de premios na súa faceta como gandeiro, con recoñecementos en concursos morfolóxicos, premios á calidade xenética dos seus animais, ou polas producións obtidas polas súas vacas.

ARIAS MONIZVai uns poucos anos decidiu reconverter a súa gandería hacia un sistema de produción en pastoreo, introducindo incluso animais de raza Jersey, tendo como obxectivo transformar o leite producido en queixos elaborados por eles mesmos. O promotor do proxecto foi o chantadino Xesús Mazaira, que xunto con Ricardo e Ana , da gandería Outeiro, asociáronse para a producción deste queixo singular.  

Este proxecto está xa a ter recoñecementos a nivel nacional, sendo meritorio que uns gandeiros sen experiencia na transformación do leite logren presentar un produto de tan alta calidade, competindo entre máis de 600 queixos presentados no certame Gourmets. Neste certame elíxense os mellores queixos de España, en quince categorías diferentes, sendo na categoría de Pasta Branda, donde a gandería OUTEIRO obtivo o terceiro premio.

O queixo denomínase Terra e o elaboran baixo a marca Airas Moniz.

OUTEIRO CHANTADA

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético