AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN CASTRO RIBEIRAS DO LEA

01 / Marzo / 2008

Poxa de xovencas de Castro Ribeiras do Lea organizada por o Concello de Castro de Rei e AFRICOR-LUGO.

Primeira poxa do ano, celebrada no Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras do Lea, no concello de Castro de Rei, Lugo, co seguinte balance:

Animais ofertados:                   16

Animais vendidos:                    16

Volume total de vendas:           36.700 €

Prezo medio de salida:             1.631 €

Prezo medio de venta:             2.294

O prezo medio de 2.294 €, foi alto para a época do ano, xa que neste mes os prezos tenden a estar máis baixos, sendo de 2.085 € o prezo en marzo de 2007, pero sen chegar aos 2.700 € cos que se pechou a poxa de Monterroso de decembro do ano pasado.

marey outside anduriña 

O animal que acadou o prezo máis alto foi Marey Outside Anduriña, unha filla de Outside que presentou a gandería Marey Castro, de Pol, de 25 meses de idade, preñada do 17 de xuño de 2007 con Goldwyn, pola que se chegou a pagar 3.100 €.

 

 
XENÉTICA FONTAO obsequiou cun lote de 6 doses de touros probados por cada animal adquirido na poxa

xata sorteo

 

A xata do sorteo, da Granxa Gayoso Castro, foi para a gandería SAT Cheirega, de Cospeito

 

As entidades implicadas na organización e patrocinio da poxa foron Africor-Lugo, o Concello de Castro de Rei e Consellería de Medio Rural, coa colaboración de Xenética Fontao e a Granxa Gayoso Castro - Deputación Provincial.

poxa castro de rei

O perfil do animal ofertado nesta poxa foi unha xovenca próxima ao parto, preñada de 8,0 meses, de 24,6 meses de idade, cunha nai cunha produción media de 10.076 quilos de leite e unha cualificación morfolóxica de 78,6 puntos. Salientar que nesta poxa presentáronse os animais coa media de idade máis baixa dos últimos anos, xa que a idade media ven estando en torno aos 26 meses.

poxa de gando frison

Todos os animais presentados nestas poxas proceden de explotacións cualificadas sanitariamente.
A maiores todos os animais presentados están analizados no mes anterior á poxa fronte a IBR (anticorpos), BVD (anticorpos e antíxeno), Paratuberculose e Neosporose, debendo resultar negativos a BVD Ag, BVD Ac P80, Paratuberculose e a Neosporose. As nais das xovencas tamén deberán ser negativas a Paratuberculose e a Neosporose.

As xovencas presentadas a poxa foron as seguintes:
 

LOTE

               CRUCE                  

PRODU. NAI

CALIF.  NAI

NACIDA

INSEM.

TOURO

1

AARON x LEREZ

11.402

78

07-03-06

16-jun

MERCHANT

2

CADOS x BREIXO

9.682

76

16-11-05

22-jul

MIDNIGHT

3

AARON x LYSTER

12.414

78

12-08-05

19-jul

CHAMPION

4

OUTSIDE x MARCOS

11.517

79

21-01-06

27-jun

GOLDWYN

5

SOL POUN x LUOU

8.543

79

24-03-06

2-jul

PROGRESS

6

KONROX x SUPERIOR RED

9.095

77

15-04-06

30-jun

BISBAL

7

SIX x FONTANS

9.577

78

14-03-06

7-jun

BUCKEYE

8

CID x LYSTER

11.813

77

18-05-06

1-ago

BUCKEYE

9

FONTANS x DELIO

7.304

80

02-04-06

30-jul

ZARZO

10

ZEUS x RA

9.460

15-12-05

17-jul

ELEGANT

11

TRESOR x RUDOLPH

11.289

79

14-02-06

19-jul

DECKER

12

EDER MAX x LEON

8.777

81

21-05-06

29-ago

DOLMAN

13

NALON x EURO

7.993

76

14-05-06

8-jul

BOLTON

14

GARTER x ROY

14.438

86

06-03-06

20-jun

FINAL CUT

15

INCOME x RUDOLPH

9.009

77

03-03-06

9-jun

GOLDWYN

16

FONTANS x SULTAN

8.915

78

10-01-06

12-jun

BISBAL

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético