11 / Febrero / 2017
Nesta primeira poxa do calendario, o mercado de animais de vida repuntou, cun prezos que superaron en 200€ a media do ano pasado. Acudiu moito público e compradores principalmente da provincia e tamén de Pontevedra.
Presentáronse á venda 17 animais, a maioría primeirizas paridas de recién, sendo as que teñen maior aceptación, e se venderon na súa totalidade. Os prezos oscilaron dos 1.600 € ata os 2.800 €, cun prezo medio de 2.170 €.
A que acadou o prezo máis alto foi a primeriza presentada pola gandería Forcao, de Outeiro de Rei, unha filla de Artes parida de novembro, con nai Toystory cualificada MB88 e avoa Talent, MB85.
A xovenca que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Torrel, considerada de alto valor xenético por ter un ICO de máis de 3.000 puntos, presentada pola gandería Marey Castro, de Pol, preñada con Leomarcos, con nai Goldwyn MB85 e avoa Blitz MB85.