25 / Enero / 2016
Iníciase o calendario de poxas coa do día 13 de febrero, en Castro Ribeiras do Lea. Organízada polo Concello de Castro de Rei en colaboración con Africor Lugo, presentaranse tanto vacas paridas como xovencas próximas ao parto.
Todos os animais contan con análises sanitarios, grazas á colaboración cos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.
Son animais criados en explotacións da nosa provincia, adaptados ás nosas condicións de manexo. Trátase de potenciar e dar valor ao producido nas explotacións galegas, sen ter que depender do exterior para repoñer animais.
Garzas á colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de cada un dos actuáis touros números un en España, Delano, mellor touro probado e Quixote, mellor touro con proba xenómica.
O transporte é gratuíto para as ganderías compradoras da provincia de Lugo.
Nesta ocasión, como novidade, a Granxa Gayoso Castro, presenta tres machos para monta natural, procedentes das mellores familias de vacas coas que está a traballar.
Os interesados en participar na poxa, deben acudir ao Mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea as 12:00 da mañá do sábado día 13 de febrero. Non se precisa inscripción previa para participar.