12 / Marzo / 2016
Nesta poxa presentáronse quince animais, dos que trece eran vacas de leite, o que fixo que os prezos tiveran un certo repunte respecto da poxa anterior, donde predominaron as xovencas próximas ao parto.
Así, o prezo medio foi de 2.031 €, cun volumen total de vendas de 26.400 €. Tan so dous animais quedaron sen vender.
Acudiu moito público, axudado pola boa climatoloxía e a coincidencia desta poxa coa Feira do Viño de Chantada. Os compradores viñeron de Pontevedra, Asturias e Lugo.
O animal que acadou o prezo máis alto foi a primeiriza que presentou a gandería Josmar, de Baralla, que chegou aos 2.650 €. Trátase dunha filla de Epic, con nai Xacobeo, parida de xaneiro. Ten unha cualificación de 82 puntos e un ICO de 2.911, o que fai que esté considerada como unha vaca de alto valor xenético.