03 / Abril / 2016
Dentros dos actos organizados na MOEXMU 2016, o sábado tivo lugar a tradicional poxa de gando frisón, donde participaron trece animais, dos que se venderon once.
Os prezos foron máis baixos que nas edicións anteriores, cun prezo medio que so acadou os 1.780€.
O animal que acadou o prezo máis alto foi para unha filla de Larson presentada pola gandería Josmar, de Baralla. Trátase dunha primeriza, parida de febrero, cunha nai Landoi, moi produtora, con máis de 99.000 quilos de leite producidos en 6 lactacións.
Incluindo os animais presentados pola Granxa Gayoso Castro, o volumen de vendas total acadou os 16.150€. Os compradores viñeron de Lugo, Pontevedra e Asturias.