07 / Mayo / 2016
O concello de Sarria retomou tras catro anos a organización de eventos gandeiros na feira de San Isidro, con bo acerto, na medida en que foi unha poxa que tivo moita expectación. Con moito público, foi unha poxa moi animada, na que concurriron vintetrés animais dos que se venderon dezasete.
O prezo medio superou a tendencia á baixa do resto das poxas organizadas neste ano, chegando aos 2.124 €, cunha grande variabilidade de prezos, vendéndose primeirizas dende os 1.450€ ata os 3.450€.
Os compradores foron principalmente de Lugo, se ben tamén se achegaron ao Mercado gandeiro de Sarria compradores de Pontevedra.
A vaca que acadouo prezo máis alto foi o presentado pola gandería Forcao, de Outeiro de Rei, que presentou un excelente lote de catro primeirizas, sendo unha filla de Artes, con nai Landoi BB81, a que chegou á máis alta cotización, se ben outro dos seus animais tamén superou os 3.000€.
Marey Betanzos Milagros
En xovencas, o prezo máis alto foi o conseguido pola filla de Betanzos, preñada do mes de setembro, con Thos, presentada pola gandería Marey Castro, de Pol, que chegou aos 2.500€.