07 / Abril / 2018
No ámbito da MOEXMU, celebrouse unha poxa de gando frisón, que nesta ocasión contou con dous machos de monta natural e dez femias, tres delas xovencas próximas ao parto e o resto vacas paridas.
Vendéronse dez dos animais presentados, cun volumen de vendas de 18.400€, e cun prezo medio das femias de 1.972€, un prezo algo máis baixo que na poxa do mes anterior en Chantada, donde se venderon por 2.084 € de media.
A vaca parida que chegou ao prezo máis alto foi a presentada pola gandería Tio Andrés, de Sarria, que chegou aos 2.200€, unha Epic de 2º parto, parida de xullo, cualificada MB86, con nai e avoa tamén MB.
Das xovencas, a que máis se cotizou foi a presentada pola gandería Sobrado, de O Incio, unha filla de Melendi, preñada de xullo con Barman, con nai MB85, que chegou aos 1.900€.
Foi unha poxa con moito público, pero escasa en compradores, todos da provincia de Lugo.