06 / Junio / 2009
Nova edición da Poxa de Xovencas en Castro Ribeiras do Lea.
Os prezos de saída foron contidos, cunha media de 1.655 €, se ben os prezos de remate deixaron contentos aos vendedores, acadando un prezo medio de 2.030 €, vendéndose os once animais presentados.
Esta recuperación nos prezos, uns 200 € máis que na última poxa en abril, en Monterroso, todavía está lonxe dos prezos medios con que se pechou o ano 2008, de 2.250 €.
Os animais adquiridos foron para ganderías da comarca de Sarria, Alfoz e Trazo, en A Coruña, a donde tamén foi a xata sorteada, cedida pola Granxa Gayoso Castro. Todos os compradores levaron tres doses de Moes e tres de Xacobeo, por cada animal adquirido na poxa, agasallo de Xenética Fontao.
O valor máis alto foi de 2.250 €, ao que chegaron tres dos animais subhastados:
Unha Stormatic preñada de oito meses con Buckeye, con nai Lee B78 e unha Longchamp preñada de oito meses de Bolton, con nai Landoi BB80, as dúas de gandería O Pedregal, de Trabada, e a xovenca presentada por gandería Cachán, de Chantada, unha filla de Emir, preñada de sete meses con Darter, con nai Lerez B77.