AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

PREMIOS A CALIDADE DO LEITE

29 / Agosto / 2017

ORDE do 22 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan a concesión dos premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia e se convocan para o ano 2017.

Mediante estes premios a Consellería do Medio rural pretende recoñecer o traballos dos produtores de leite na obtención dun leite cru da mellor calidade hixiénico-sanitaria.

Utilizarase a información existente nas bases de datos do LIGAL correspondentes aos recontos microbiolóxicos e de células somáticas do período considerado (12 meses, de agosto a xullo). Con esta información obterase unha puntuación por explotación que permitira a ordenación das mesmas.

Para a concesión dos premios as explotacións serán divididas en función do seu tamaño en pequenas, medianas e grandes, e dentro de cada grupo subdividiranse noutros tres en función do grao de intensificación das mesmas (este será calculado a partir do leite entregado e da superficie admisible declarada na solicitude única). Así obtemos un total de nove grupos de produción ao que temos que engadir as explotacións ecolóxicas que terán un recoñecemento especifico.

Para cada un dos dez grupos formados seleccionaranse as cinco mellores explotacións pola súa puntuación lineal, as cales recibirán a comunicación por parte da Consellería do Medio Rural do feito de ser finalistas e as cales lles solicitarán a súa aceptación na participación deste proceso.

Unha vez aceptada a participación serán un comité de avaliación o que visitará as explotacións finalistas para comprobar o estado das mesmas, o resultado desta visita non modificará a puntuación lineal da explotación, pero no caso de comprobar que non se realizan correctamente as prácticas de hixiene a explotación deixaría de sen considerado como seleccionable para os premios

Os premios serán entregados un acto convocado para tal fin, e consistiran na entrega dun trofeo e un diploma acreditativo.

ORDE

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético