13 / Mayo / 2024
Na poxa celebrada en Sarria o sábado 11 de maio de 2024, presentáronse 16 animais, dos cales soamente 3 eran xovencas próximas, sendo o resto todas vacas paridas de primeiro parto. Un lote de animais moi completo, con animais procedentes de familias americanas, moitos animais xenótipados e todos con probas de paternidade e as condicións sanitarias destas poxas, analizadas de IBR, BVD, neospora, paratuberculose e os controis oficiais.
Nunha maña soleada non foron moitos os gandeiros que se acercaron ata o mercado gandeiro, o que sen dúbida repercutiu no resultado da poxa, resultando vendidos 14 do animais presentados cun prezo medio de 2.557 euros.
O animas que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Genuine presentada pola gandería Antonio da Laura que foi mercada pola gandería Pena Guisande por 3.200 euros.