AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA SARRIA

24 / Marzo / 2022

 
sábado 28 de maio terá lugar una nova poxa organizada por AFRICOR LUGO, en colaboración co concello de Sarria.
  
Nesta ocasión a oferta está formada por 15 animais que superaron as probas sanitarias correspondentes nos 15 días anteriores a feira, algo que sen dúbida constitúe una garantía para os compradores, destes tan solo tres son xovencas, sendo o resto vacas paridas de recén:
 

         Xenealoxía                       

Cualifcación nai

Leite  nai

Indice xenético

HORIZON x TORREL

84

12.117

3.134

RISK x ALTAIOTA

85

13.711

3.202

BRAUN x COSMO

84

11.890

3.371

PEPPER x DELETE

81

12.050

3.189

GINGER x SHEN

83

9.293

3.263

CARTER x NOLAN

79

11.882

3.350

PRINCI P x SORTE

83

9.419

3.226

SALUD x SIGMA

82

8.432

3.437

BANANA x STOP

83

10.150

3.289

BI-BATTLE x KINGDOM

80

8.329

3.166

BI -BATTLE x PEPPER

79

10.311

3.388

HORIZON x NORDES

81

8.240

3.529

SATUR x NIAGARA

83

11.270

2.496

LAUTRUST x SHOTTLE

90

14.958

2.940

 
 
Dende Africor Lugo levamos moitos anos organizando estás poxas de frisón en colaboración con distintos concellos da provincia, a consellería do Medio Rural (probas sanitarias) e Xenética Fontao (3 doses de Caramelo e 3 de Airas) porque este tipo de poxas ofrecen importantes vantaxes:
 
  • Para os compradores:
    • Concentración da oferta
    • Garantías sanitarias
    • Animais procedentes de explotacións cércanas
    • Información xenealóxica completa
    • Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
    • Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
  • Para os vendedores:
    • Poxas publicitadas
    • Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
    • Concentración de compradores
    • Publicidade para a gandería
  • Para o sector produtor de leite en xeral:
    • O diñeiro dos compradores vai parar a outros gandeiros cércanos e non a outros países como ocorrería se merca animais estranxeiros.
    • A creación dun mercado onde os gandeiros poidan vender os excedente incentiva a recría
    • Se hai máis recría será preciso máis forraxe, máis penso e máis instalacións de forma que o diñeiro dos compradores vai repercutir sobre todo o sector.
    • A redución do número de animais procedentes doutras zonas reduce a posibilidade de incorporar enfermedades.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético