08 / Abril / 2025
Cunha notable presenza de público, a 29ª edición da poxa de MOEXM, tivo lugar despois das seccións de xatas e xovencas, o sábado a mediodía.
Esta foi un éxito, pois os 11 animais presentados foron vendidos por un prezo superior ao de saída, cun incremento medio de 600 euros sobre o prezo de saída, o prezo medio de venta foi de 3.323 euros, un prezo elevado pero acorde a calidade dos animais presentados e a situación do mercado, onde faltan animais para vida e o prezo das vacas de desvelle tamén é elevado.
O prezo máis elevado nesta ocasión foi para unha xovenca, Marey Coach 4508 Fochiña da gandería Marey Castro de Pol, esta filla de Coach (touro de Xenética Fontao) con dous anos de idade e preñada con Freire Red, alcanzou os 4.000 euros de prezo, sendo adquirida pola gandería Casa Grande de Fente de Monterroso.