AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Poxa Gandería OUTEIRO

04 / Mayo / 2013

Na gandaría Outeiro, de Chantada, celebrouse a segunda poxa con animais exclusivos desta gandaría, cumpríndose as expectativas de venda, dada a alta calidade dos animais presentados.

POXA GANDERIA OUTEIRO

Presentáronse oito animais, unha xovenca próxima ao parto e sete vacas de leite, das que tres eran de primeiro parto.

POXA OUTEIRO

Todos os animais presentaban moi altas producións e cualificacións morfolóxicas, o que fixo que o prezo medio chegase aos 2.500 €. Na anterior poxa, no mes de novembro, o prezo medio foi de 2.592 €.

OUTEIRO XACOBEO KATANIA  OUTEIRO XACOBEO KATANIA

Outeiro Xacobeo Katania foi a vaca que alcanzou o prezo máis alto, 3.600 €. Esta filla de Xacobeo, de primeiro parto, cun ICO de máis de 2.700 puntos, parida do 11 de marzo, con nai Goldwyn MB 85 e avoa Juror MB 87, procedente da familia de Mansion Valley Cora, unha vaca americana MB 86.

Con esta poxa, son xa catro as organizadas este ano por Africor Lugo, cun prezo medio de 2.148 €.

Máis información

POXA OUTEIRO HOLSTEIN

POXA OUTEIRO

POXA OUTEIRO CHANTADA

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético