07 / Abril / 2016
O sábado 7 de maio ás 16 horas, terá lugar unha poxa de gando frisón no Mercado Gandeiro de Sarria.
Dende AFRICOR LUGO levamos moitos anos traballando na organización deste tipo de poxas xunto cos concellos e administracións colaboradoras, xa que como asociación de criadores, consideramos prioritario facilitar a venda dos animais excedentes nas explotacións, ao igual que ofertar as ganderías que necesitan animais reses cunhas condicións sanitarias e xenéticas contrastadas.
NODI ELSAR COQUETA BB 84 (unha das primeirizas que poden mercar na poxa)
Na actualidade este mercado interno que sempre consideramos básico, debe alcanzar unha maior importancia, xa que segundo os censos actuáis as ganderías en Control Leiteiro da provincia de Lugo dispoñen de suficiente recría para manter o número de vacas en produción, pero lóxicamente esto non se produce explotación a explotación, hai ganderías as que lles sobra recría e outras que van ter que comprar animais para manter os censos actuáis, de ahí a importancia deste tipo de poxas que ademáis ofrecen importantes vantaxes:
Para os compradores:
· Concentración da oferta
· Garantías sanitarias
· Animais procedentes de explotacións cercanas
· Información xenealóxica completa
· Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
· Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
Para os vendedores:
· Poxas publicitadas
· Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
· Concentración de compradores
· Publicidade para a gandería
Para o sector produtor de leite en xeral:
· O diñeiro dos compradores vai parar a outros gandeiros cercanos e non a outros países como ocorrería se merca animais estranxeiros.
· A creación dun mercado onde os gandeiros poidan vender os excedente incentiva a recría
· Se hai máis recría será preciso máis forraxe, máis penso e máis instalacións de forma que o diñeiro dos compradores vai repercutir sobre todo o sector.
· A redución do número de animais procedentes doutras zonas reduce a posibilidade de incorporar enfermedades.
LISTADO DE ANIMAIS