20 / Abril / 2022
O sábado 28 de maio terá lugar una nova poxa organizada por AFRICOR LUGO, en colaboración co concello de Sarria.
O PRAZO PARA ANOTAR ANIMAIS REMATA O 27 DE ABRIL
Dende Africor Lugo levamos moitos anos organizando estás poxas de frisón en colaboración con distintos concellos da provincia, a consellería do Medio Rural (probas sanitarias) e Xenética Fontao (regalo de doses) porque este tipo de poxas ofrecen importantes vantaxes:
Para os compradores:
Concentración da oferta
Garantías sanitarias
Animais procedentes de explotacións cércanas
Información xenealóxica completa
Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
Para os vendedores:
Poxas publicitadas
Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
Concentración de compradores
Publicidade para a gandería
Para o sector produtor de leite en xeral:
O diñeiro dos compradores vai parar a outros gandeiros cércanos e non a outros países como ocorrería se merca animais estranxeiros.
A creación dun mercado onde os gandeiros poidan vender os excedente incentiva a recría
Se hai máis recría será preciso máis forraxe, máis penso e máis instalacións de forma que o diñeiro dos compradores vai repercutir sobre todo o sector.
A redución do número de animais procedentes doutras zonas reduce a posibilidade de incorporar enfermedades.