AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN CHANTADA resultados

POXA EN CHANTADA resultados

02 / Marzo / 2024

O día 2 de marzo no Mercado Gandeiro de Chantada tivo lugar a primeira poxa do ano organizada por Africor Lugo en colaboración coa Cooperativa Aira e o Concello de Chantada, nesta ocasión a oferta foi de 19 animais, catro xovencas próximas ao parto e o resto vacas paridas de primeiro parto.

Nunha maña chuviosa e fría foron bastantes os gandeiros que se achegaron ata Chatada para participar nesta poxa, que comezou logo da benvida dada polo alcalde D. Manuel Varela a todos os asistentes.

 

Vendéronse 17 dos 19 animais presentados cun prezo medio de 2.459 euros e un volume de ventas de 41.800 euros, un diñeiro que grazas a este mercado vai parar a gandeiros da provincia, e que no caso de non existir esta concentración da oferta, poida que os compradores tivesen que acudir a animais procedentes do estranxeiro ou doutras zonas de España, marchando así ese diñeiro da nosa provincia e dos nosos gandeiros.

O animal que acadou o prezo máis elevado foi unha primeiriza da gandería Penelas de Castro de Rei que foi adxudicada por 3.100 euros para a gandería López Lampaza de Sober. 

Penelas Logistics Balbina 

 

A valorización dos animais criados nas nosas explotacións, e acadar un ingreso extra para as mesmas cando teñen exceso de animais, son unha das principais motivacións para organizar este tipo de poxas, pero tamén ofertar aos gandeiros que necesitan incorporar animais a súa explotación animais cunhas condicións sanitarias e xenealóxicas especiais que fan destas poxas un lugar ideal para mercar animais, a vez que contribuímos a crear un mercado de proximidade e axudamos a compañeiros gandeiros que teñen animais para venta neste momento.

 

 

Listado animais

 

Cartas xenealóxicas

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético