10 / Marzo / 2013
Coincidindo coa Feira do Viño de Chantada, celebrouse unha nova poxa en Chantada, organizada pola Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada. Nunha fria e chuviosa mañá de marzo, presentáronse 17 animais, dos que se venderon quince. O prezo médio foi de 2.000 €, se ben oscilaron entre os 1.600 e os máis de 3.000 €.
A xovencas próximas ao parto, un total de sete, promediaron 1.800 €, namentras que as vacas, obtiveron unha media de 2.169 €.
Outeiro Tunno Keity
Salientar o prezo máximo obtido por unha vaca presentada pola gandería Outeiro, de Chantada, que chegou aos 3.250 €. Trátase de Outeiro Tunno Keity, unha primeiriza, filla de Bos Morty Tunno, con nai Shottle, cualificada MB88, que acumula no seu pedigrí sete xeracións de vacas cualificadas con máis de 85 puntos. Está parida do dia 12 de febreiro, e está considerada de alto valor xenético.
Os compradores viñeron de Lugo, Coruña e Pontevedra.
Como é habitual, esta poxa contou coa colaboración da Deputación provincial de Lugo, a Consellería do Medio Rural e de Xenética Fontao.